Poxa de Rubia Galega este sábado en Seoane do Courel

Este sábado, 17 de maio, celébrase en Seoane do Courel, no concello lugués de Folgoso do Courel, unha nova edición da poxa de xovencas de raza Rubia Galega.

A poxa está organizada por ACRUGA en colaboración co concello e comezará ás 12:30 horas.

Sairán a venda tres xovencas da granxa Gayoso Castro, con idades dos 21 aos 24 meses e preñadas duns tres meses. O prezo de saída é de 2.300 euros e haberá 200 euros de axuda á compra de Caixa Rural Galega por cada exemplar.

poxa seoane courel acruga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información