Poxa de Rubia Galega este domingo en Baleira

Acruga sacará a poxa tres xovencas preñadas cun prezo de saída de 2900 euros

acruga baleira 2A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), continúa adiante coa súa tempada de poxas e despois da gran cita do ano en Adai, o pasado mes de xuño, retoma a súa actividade de poxas cunha nova cita en Baleira, mañá domingo a partir das 12.00 do mediodía.

Será unha nova oportunidade para criadores e gandeiros de adquirir gañado de calidade, procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, da Deputación de Lugo. Poderase puxar por tres xovencas preñadas, de entre 4 e 5 meses; con idades entre os 23 e os 24 meses; e con xenealoxías que garanten a calidade e as excelentes calidades dos animais, con cartas nas que figuran touros da talla de Paderne AG/AG; Lucas AG; Quijano AG; Jacinto AG; Fidalgo AG e Camilo AG. A poxa partirá por un prezo de saída de 2.900 euros e os compradores obterán unha axuda de 200 euros por exemplar de Caixa Rural para incentivar a adquisición dos animais.

Desde hai anos, Baleira sumouse ao calendario de poxas que se organizan en diferentes municipios da provincia, para dar resposta á demanda de exemplares por parte dos gandeiros e gandeiras de loura galega, nunha cita na que sempre se obteñen bos resultados. Así, na pasada edición, adxudicáronse os tres animais e obtívose un prezo medio de 3.133 euros.

acruga baleira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información