A poxa de Rubia Galega de Rodeiro sáldase cunha media de 2.500 euros por animal

A XIII Festa da Vaca Rubia Galega do País acolleu por primeira vez unha subasta de Acruga, con seis exemplares vendidos, 5 xovencas e un macho.

A poxa de Rubia Galega de Rodeiro sáldase cunha media de 2.500 euros por animal

A poxa organizada pola Asociación de Criadores de Rubia Galega en Rodeiro (Pontevedra) saldouse con 6 animais adxudicados a unha media de 2.533 euros. Entraron na poxa sete animais de Acruga, dos que unha xovenca quedou deserta, e dúas xovencas de gandeiros particulares, das que unha tampouco se vendeu.

As xovencas de Acruga cotizaron a unha media de entre 2.300 e 2.500 euros, en tanto o macho vendeuse a 2.800 euros. A outra xovenca da poxa, presentada por un particular, acadou 2.950 euros, o valor máis alto da mañá.

O presidente de Acruga, César Dorado, amosouse satisfeito pola participación da asociación, a primeira nesta feira.

En paralelo á poxa celebrouse un concurso gandeiro, con 15 premios en cinco categorías por un importe total de 6.000 euros. Os principais premios foron para ganderías lucenses, como a de José Antonio Ferreira Palacios, que se fixo con tres primeiros e un segundo premio; ou Ganadería La Morena, cun primeiro premio, dous segundos e un terceiro.

Ganadería Santalla logrou un segundo e terceiro premios, mentres que Pena Guisande e María Luisa Lago obtiveron outras distincións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información