O vindeiro sábado, 15 de marzo, celebrarase no concello lugués de Chantada a Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Lugo, o concello chantadino e a cooperativa AIRA.
A poxa celebrarase no Mercado Gandeiro a partir das 12:00 horas. Ao longo dos próximos días publicarase o catálogo dos animais que concorrerán á poxa.
Dende Africor Lugo salientan as vantaxes que estas poxas teñen para os vendedores:
Poxas publicitadas
O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
Concentración de compradores
Publicidade para a gandería
Pero tamén para os compradores:
Concentración da oferta
Garantías sanitarias
Animais procedentes de explotacións cercanas
Información xenealóxica completa
Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao
Galego









Control OJD