O sábado 31 de xaneiro terá lugar en Friol a primeira poxa do ano de frisón da provincia, organizada por AFRICOR LUGO coa colaboración do Concello de Friol.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de decembro.
Dende a organización salientan as vantaxes destas poxas:
Para os vendedores:
-Poxas publicitadas
-O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encárgase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
-Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
-Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
-Concentración de compradores
-Publicidade para a gandería
Para os compradores:
-Concentración da oferta
-Garantías sanitarias
-Animais procedentes de explotacións cercanas
-Información xenealóxica completa
-Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
-Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

Galego









Control OJD