O sábado 25 de xaneiro terá lugar en Friol a primeira poxa do ano de frisón da provincia, organizada por AFRICOR LUGO coa colaboración do Concello de Friol.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 21 de decembro. Dende a organización salientan as vantaxes destas poxas:
Para os vendedores:
Poxas publicitadas
O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
Concentración de compradores
Publicidade para a gandería
Para os compradores:
Concentración da oferta
Garantías sanitarias
Animais procedentes de explotacións cercanas
Información xenealóxica completa
Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

Galego









Control OJD