
Poxa no Páramo. Foto: PORTO/ El Progreso de Lugo
O sábado 7 de xuño terá lugar no Páramo unha nova poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo coa colaboración do Concello do Páramo. O prazo de inscrición de animais por parte dos gandeiros remata o vindeiro 7 de maio.
Dende AFRICOR Lugo destacan que estas poxas ofrecen vantaxes para os vendedores:
Poxas publicitadas
O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
Concentración de compradores
Publicidade para a gandería
Pero tamén beneficios para os compradores:
Concentración da oferta
Garantías sanitarias
Animais procedentes de explotacións cercanas
Información xenealóxica completa
Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
200 euros de axuda de Caixa Rural
Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

Galego









Control OJD