A poxa de gando frisón da Moexmu será domingo 12 de abril

A comisión organizadora, conxuntamente coas ganderías participantes, decidiu dedicar integramente a xornada do sábado ao Concurso de Gando, que este ano volverá ter carácter Autonómico por segunda vez na historia da Mostra Exposición de Muimenta

Moexmu 2025 3O sábado tivo lugar en Muimenta, unha xuntaza de traballo da comisión organizadora da MOEXMU coas ganderías participantes no Concurso de Gando, que terá lugar o sábado 11 de abril. Nesta reunión comentáronse cuestións técnicas do Certame, que terá carácter Autonómico por segunda vez, igual que acontecera no ano 2022. 

Tomouse tamén a decisión de que, nesta vindeira edición, se celebre a poxa de gando o domingo 12 pola mañá, xa que, ao ser concurso autonómico, a xornada do sábado se adicará íntegramente ao mesmo.

Á reunión acudiron tamén representantes de Africor Lugo, Concello de Cospeito, Xenética Fontao e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Disculparon a súa presenza representantes da Deputación Provincial de
Lugo por motivos de axenda e de Acruga por motivos de saúde.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información