Tras o ataque informático sufrido pola Fundación Semana Verde de Galicia o pasado domingo, e que imposibilitou a celebración da poxa de gando da Central Agropecuaria de Silleda este martes, dende a entidade informan que se retomará a actividade normal o vindeiro martes 1 de xullo.
“Todos os sistemas informáticos da Fundación Semana Verde de Galicia volven estar operativos e non se perderon datos. En principio, de acordo con isto, poderanse realizar con total normalidade as poxas da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA do vindeiro martes”, aseguran dende a fundación.
Galego









Control OJD