A poxa de gando de Silleda podería non celebrarse este martes en protesta pola obriga de que se realice só de forma electrónica

Silleda Central Agropecuaria de Galicia Abanca DSC06172A poxa de gando de Silleda, o segundo mercado en importancia de Galicia, tras o de Amio, podería non celebrarse este martes ante a oposición de compradores e vendedores de gando a que a subasta se realice únicamente mediante unha aplicación electrónica, como pretende a Central Agropecuaria de Galicia.

Ricardo Durán, director de la Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, remitiu recentemente unha comunicación aos distintos operadores da central informándoos de que co obxectivo de axilizar as operación e ofrecer maior eficiencia e transparencia a todos os participantes, “a partir do próximo 6 de maio todas as poxas deberán realizarse exclusivamente a través da aplicación móbil que desarrollamos, eliminando o uso das tradicionais tiras de papel, e convertendo esta poxa na primeira totalmente dixitalizada”.

Esta decisión causou importante malestar no sector ao considerar que lles complicará moito o traballo e deixará fora a unha parte importante de compradores e vendedores, especialmente os de máis idade e menos alfabetizados dixitalmente.

“Tivemos unha reunión con Ricardo Durán e todos lle trasmitimos o mesmo: Estamos de acordo en avanzar na dixitalización e en mellorar a transparencia da poxa, pero tal e como se quere facer vai excluír a moita xente e dende o punto de vista técnico non é posible facela cos becerros de recría, pois a nave está moi saturada, e as gaiolas dos becerros están moi pegadas, co que sería inviable andar movendo os becerros e atender á aplicación. O único onde se podería facer é no vacún maior, onde os animais están máis separados e pódense ir vendo dun en un”, explica Marisol López Núñez, representante da Asociación Galega de Empresarios do Gando.

Na mesma liña incide José Manuel García Pazos, comprador habitual na Feira de Silleda: “Pedimos que se nos dese formación e non recibimos ningunha, tamén que fose posible seguir facendo a poxa en papel, e non se atendeu a razóns, cando os compradores, vendedores e transportistas somos clave para que feira funcione”. “Hai xente maior que nin sequera ten móbil con internet pero que leva máis de 20 anos vindo a esta feira e que vai quedar fóra ao ter que facer a poxa soamente coa app”, advirte.

Neste sentido, os compradores de becerros de recría decidiron que, se non hai cambios ao longo do día de hoxe por parte da dirección da Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, non participar na poxa de gando prevista para este martes e celebrar unha asemblea mañá ás 9 da mañá no recinto feiral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información