Poxa de Acruga este xoves en Becerreá

acruga_rubia_becerrea_1O mercado gandeiro de Becerreá acolle mañá xoves a súa tradicional poxa de xovencas preñadas, organizada por Acruga, unha das poxas máis destacadas de cantas organiza a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, que desta forma arrinca ademais a súa tempada de poxas.

Desde as doce da mañá poderase poxar por estas cinco touras, preñadas de entre seis e oito meses e medio, e con idades comprendidas entre os 27 e os 29 meses. O prezo de saída para toda elas é de 2.900 euros.

Tres das novelas proceden do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, e foron seleccionadas polo seu alto valor xenético, morfolóxico, produtivo e reprodutivo. As outras dúas proceden dunha explotación particular de Pol.

Despois desta poxa, Acruga comezará coa selección de máis animais para a poxa prevista en Boimorto, a finais de marzo, e para as de Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada, ambas as en abril.

POXA ACRUGA BECERREA 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información