Só uns días despois de celebrarse a poxa de Becerreá, esta mesma semana, a Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) organiza unha nova poxa na Fonsagrada. A cita será este sábado 23 ás 12 do mediodía no mercado gandeiro da localidade. Acruga levará á subasta cinco xovencas preñadas de entre 2 e 5 meses procedentes da granxa de recría Gayoso Castro, xestionada por Acruga en colaboración coa Deputación de Lugo.
O prezo de saída será de 1.950 euros e as persoas que se leven os animais contarán cunha axuda á compra de 200 euros por cabeza, a cargo de Caixa Rural Galega.
Para puxar polas xovencas é preciso retirar a tarxeta, o que se poderá facer desde unha hora antes do comezo no propio mercado gandeiro.