Poxa de 56 animais de raza Rubia Galega do rabaño do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de poxa pública de 56 animais de raza Rubia Galega, repartidos en 43 lotes, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural.

Os licitadores interesados poderán revisar os animais en visita presencial os vindeiros días 22  e 23 de xullo, ás 10:00 horas, nas dependencias do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Estrada Betanzos-Mesón do Vento, Km 7 – Mabegondo, 15318 Abegondo (A Coruña) https://maps.app.goo.gl/dsktTuTg8yTzjC9r6

Presentación de ofertas: Por escrito a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PRO04, achegando asinada a declaración responsable (Anexo II), así como a súa oferta (Anexo III) polo lote ou lotes nos que a persoa ofertante estea interesada.

Prazo de presentación das ofertas: Dende as 00:00 horas do día 23/07/2024 ata as 23:59 do día 24/07/2024

Teléfono de atención ao público 881 881 806

Toda a información dispoñible na páxina web da AGACAL nesta ligazón

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información