Poxa de 26 exemplares de Rubia Galega e concurso nacional da raza este sábado no concello lugués do Corgo

Desde as 12 do mediodía poderase puxar por 19 xovencas e sete machos, con prezos de saída de 2.900 e 3.000 euros. Uns 100 animais partician no concurso nacional, nos que se premiará aos mellores criadores

Xovenca preñada pola que se pagaron 7000 euros

Xovenca preñada pola que se pagaron 7000 euros nunha anterior poxa en Adai. 

O mercado gandeiro de Adai, no municipio lucense do Corgo, celebra mañá sábado a cita máis importante do ano para a Raza Rubia Galega, que inclúe en realidade, unha poxa, unha exposición e un concurso, todos eles de carácter nacional.

Na poxa presentaranse 19 xovencas, 14 de Acruga e cinco de explotacións particulares, así como 7 machos, dos que catro son de ganderías asociadas e tres da nave de testaxe da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega.

Os prezos de saída para os exemplares de Acruga serán de 2.900 euros para as xovencas e de 3.000 para os machos. Os compradores poderán optar a unha axuda á compra de Caixa Rural Galega, de 200 euros para as xovencas e de 300 para os touros.

A actividade no recinto feiral comezará pronto, posto que desde primeira hora poderanse ver os 100 animais que participarán no concurso nacional e que representan o mellor desta raza. Precisamente, a entrega de premios das sete categorías do concurso será ás 11.30, para a partir das doce comezar coa poxa de gando.

Ademais, este ano como novidade e grazas á colaboración e implicación do Concello do Corgo haberá unha degustación desta carne desde as doce da mañá.

ACRUGA ADAI 26 1 ACRUGA ADAI 26 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información