Poxa de 16 vacas paridas e 4 xovencas próximas ao parto este sábado en Chantada

Xenética Fontao agasallará cada compra con tres doses de seme do seu touro Honesto e outras tres de Ninjo por cada un dos animais adquiridos

poxa_chantada_18Este sábado, 7 de marzo, arrinca o calendario anual de poxas de gando frisón na provincia de Lugo coa Poxa de Gando Frisón de Chantada, organizada polo Concello chantadino e na que colaboran AFRICOR Lugo e a Cooperativa AIRA.

Sairán a poxa un total de 20 animais procedentes de ganderías da provincia de Lugo, con tódalas garantías sanitarias e de cualificación xenética. Trátase de 14 vacas paridas de primeiro parto, 2 de segundo parto e 4 xovencas próximas ao parto de entre 21 e 24 meses de idade.

A poxa comezará ás 12:00 horas no Mercado Gandeiro da localidade. A empresa pública Xenética Fontao obsequiará con 3 doses de seme do touro HONESTO e 3 doses de NINJO por cada un dos animais adquiridos na poxa.

Listaxe completa dos animais que se poxarán:

Poxa Chantada 7marzo2020

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información