Postura do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais ante acusacións recibidas

O organismo emitiu un comunicado para negar que teña nada que ver nun presunto intento de restrinxir a participación de parte dos comuneiros nas xuntas reitoras das comunidades de montes veciñais

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia emitiu un comunicado ante un artigo de opinión no que o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira, acusaba ó Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de estar detrás dun presunto intento de restrinxir a participación de parte dos comuneiros nas xuntas rectoras das comunidades de montes. En concreto, Pereira sostiña que se quería apartar das xuntas reitoras a aqueles comuneiros sen coñecementos forestais, unha cuestión da que culpaba ó Colexio.

Ante esa acusación, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais emitiu o seguinte comunicado:

Comunicado oficial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia

En relación co artigo de opinión publicado con data do 22/08/2018 en www.campogalego.com , por Xosé Alfredo Pereiras, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, no que se fai mención expresa ao Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, a Xunta de Goberno e a Xerencia deste Colexio Profesional fan constar que dita información é totalmente FALSA, non correspondendo con ningunha acción nin proposta desenvolta pola nosa entidade.

Descoñecemos a fonte de información utilizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes para a elaboración deste artigo, e expresamos a nosa sorpresa ante a improcedencia de dita publicación.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia sempre estivo e está aberto a interlocución con calquera entidade do sector forestal, sendo sempre absolutamente transparentes na nosa actuación.

Solicitamos a rectificación desta información falsa polos responsables, reservándonos o dereito de executar as accións legais que foran oportunas.

Finalmente, fanse constar as plenas atribucións profesionais dos Enxeñeiros Técnicos Forestais e Graduados en materia Forestal na xestión de calquera propiedade forestal, incluidas as Comunidades de Montes.

Una idea sobre “Postura do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais ante acusacións recibidas

  1. Enxeñeiro de pacotilla

    Por xente como este señor, o tal Xosé Alfredo Pereiras, o monte está como está. Son desa clase de supremacistas do monte que pensan que eles sempre saben máis que o resto e anulan a calquera outra voz cando os rebaten con argumentos mentindo e liando ao persoal, buscando xustificar a súa existencia.
    Que eu saiba, ata onde chega o desempeño da miña profesión, os enxeñeiros de montes e o os forestais sempre traballan man a man coas comunidades de montes respectando os seus intereses e a vontade das asembleas, aportando criterios técnicos de produtividade e conservación do monte, como ten que ser. De feito, a diferenza de outros enxeñeiros, os forestais destacamos por estar máis preto da xente, respectando os coñecementos do monte que teñen os comuneiros.
    Este señor debe pisar poucas asembleas porque o importante traballo que realizan as directivas e na maior parte dos casos pouco agradecido e desprestixiado polo maior parte dos comuneiros, polo que pouco interese pode haber en meterse nelas, sobre todo cando, como xa dixen, se traballa asesorando e respectando o que deciden.
    O que non entendo é como a Organización Galega de Comunidades de Montes non reprende a este mentiroso por verter acusacións sen fundamento, salvo que sexa porque se convertiu nun chiringo para manter a uns cantos, como outros moitos que hai polo país.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información