A posible prohibición da caza do lobo por danos indigna ás organizacións agrarias

As organizacións agrarias advírtenlle ó Ministerio de Transición Ecolóxica de que “a gandería extensiva veríase ameazada pola prohibición de cazar lobos"

A posible prohibición da caza do lobo por danos indigna ás organizacións agrarias

Danos do lobo. / Arquivo.

En Galicia e noutras comunidades da Cornixa Cantábrica, como Asturias, o lobo só pode cazarse con autorizacións puntuais para control de danos sobre o gando; pero esa excepción está en perigo. A comisión estatal para o Patrimonio Natural, integrada polos responsables de Medioambiente das comunidades autónomas, votou a favor de que haxa unha maior protección do lobo, encamiñada a prohibir todo tipo de caza da especie.

A decisión da maioría de autonomías suscitou indignación nos gobernos das comunidades do norte español, pois Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León albergan o 98% da poboación de lobos de España. Desde as organizacións agrarias, inciden en que a gandería extensiva queda en perigo. Así o destaca nunha nota de prensa a Asociación Agraria de Galicia, ligada a Asaja, que considera que unha posible prohibición da caza do lobo é un “cañonazo contra a gandería extensiva”.

A Asociación Agraria de Galicia lembra que a decisión da comisión non é vinculante para o Goberno, aínda que o Ministerio de Transición Ecolóxica, dirixido pola socialista Teresa Rivero, alineouse coas comunidades favorables á prohibición da caza.

Desde outra organización agraria, a Coag, lémbranlle ó Goberno que o lobo mata cada ano en España arredor de 15.000 reses. Ademais, a Coag subliña que o propio Ministerio de Agricultura insistiu a primavera pasada na necesidade de que as comunidades autónomas manteñan un axeitado control da fauna silvestre perxudicial para o agro. Avecíñase pois debate no seo do propio Goberno central.

Entre tanto, os ecoloxistas felicítanse pola decisión da comisión do Patrimonio Natural. Adega, en concreto, pide que a Xunta proceda xa a modificar o Plan de Xestión do Lobo en Galicia para prohibir as batidas por danos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información