Posible aparición dunha nova praga en Galicia: A mosca da nogueira

Publicidade
Posible aparición dunha nova praga en Galicia: A mosca da nogueira

Adulto de mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Segundo o informe fitosanitario semanal da Consellería do Medio Rural, téñense detectado danos nos froitos da nogueira que posiblemente sexan causados pola mosca da nogueira (Rhagoletis completa), un insecto orixinario de Estados Unidos e México que de forma accidental pasou a Europa na década de 1980.

Por este motivo, procederase á instalación de trampas de captura para verificar se se trata deste díptero.

“Levamos certo tempo observando síntomas que nos fan pensar nun ataque debido á mosca da nogueira. Por eso, imos dispoñer de trampas de feromonas para tratar de capturala nas zonas con certa relevancia no cultivo da nogueira”, apuntan os técnicos da Xunta.

Trátase dun díptero, cuxos adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual. Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días.

Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz. O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar.

Larvas de mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Larvas de mosca da nogueira (Rhagoletis completa)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información