Porriño acolle este sábado a Feira Apícola Rías Baixas

A cita inclúe xornadas técnicas, actividades lúdicas, unha cata e un mercado de mel, material apícola e produtos artesanais

Porriño acolle este sábado a Feira Apícola Rías Baixas

Porriño ten esta sábado unha cita de referencia para os apicultores.

Data inicio: 22/03/2019
Data fin: 23/03/2019
Lugar: Centro Cultural de Porriño e Praza do Concello do Porriño (Pontevedra).

A localidade pontevedresa do Porriño acolle este sábado, día 23, a XXXI Feira Apícola Rías Baixas organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra. Esta cita co mel desenvolverase ó longo de todo o día no Centro Cultural e a Praza do Concello do Porriño. Levaranse a cabo dende xornadas técnicas ata actividades lúdicas arredor do mel, así como a venda de mel, material apícola e productos artesanais.

Aínda que as actividades se concentran na xornada do sábado, o programa de actos arredor do mel comeza xa na mañá do venres, cunha sesión de contacontos para os cativos. Membros do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia encargaránse destas narracións centradas na apicultura e no mundo das abellas. A actividade concluirá cunha degustación comentada.

O sábado, as xornadas técnicas centrarán boa parte da programación do día no que tamén haberá actividades lúdicas e unha cata de mel. O programa de actividades do sábado será o seguinte.

9:15 horas. Apertura da Feira

10:30 horas. Importancia da selección e protección da abella negra ibérica local. Benigno Basteiro Rodríguez, apicultor profesional, selección, cría e inseminación de raíñas.

12:00 horas. Inauguración das xornadas por parte das autoridades.

12:15 horas. A importancia da tributación fiscal na apicultura. Celia Graña Sánchez. Delegada en Galicia da Asociación Profesional de expertos contables tributarios de España.

12:45 horas. Resistencia ós acaricidas en Varroa destructor: descubrimento, control e prevención. Doutor Joel González-Cabrera, da ERI Biotecmed, Universidade de Valencia.

14:00 horas. Almorzo

17:30 horas. Solucións para apicultura: Vetopharma. Miguel Ángel Rodríguez Ramos, de Vetopharma.

18:30 horas. Taller de arpas contra a Vespa Velutina.

Ó marxe das xornadas técnicas tamén están programadas as seguintes actividades lúdicas.

16:30 a 17:30 horas. Os disfraces do Mago Pirú. O Mago Pirú visita O Porriño con disfraces de Piolín e Super Mario. É unha actividade gratuíta e aberta a tódolos públicos.

17:30 a 18:30 horas. Degustación de Mel de Galicia. Poderán degustarse as diferentes monoflorais pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. A sesión estará impartida por unha técnica do Consello Regulador.

18:30 a 19:30 horas. Espectáculo de maxia do Mago Pirú, tamén de balde e para tódolos públicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información