¿Por qué é tan importante a consistencia na alimentación das vacas para a produción de leite?

Trevor DeVries, profesor da Universidade de Guelph (Canadá) explicou na última One Alltech a importancia da consistencia da ración para a saúde e a producción de leite en gando vacún. Estas son as súas recomendacións

¿Por qué é tan importante a consistencia na alimentación das vacas para a produción de leite?

“A vaca non produce o leite que se esperaba coa ración que formulou o nutrólogo”. Esta frase sole ser bastante común en moitas ganderías que padecen un desaxuste entre os kilos de leite que deberían producir os animais coa ración que se deseñou e a realidade.

Para explicar as causas desta falta de correlación e ofrecer solucións para corrixila, a conferencia ONE de Alltech citou a un dos especialistas a nivel internacional no estudo da eficiencia da ración en vacún de leite: Trevor DeVries, profesor da Universidade de Guelph (Canadá).

“Consistent Diet, Content Cows”; é dicir unha ración consistente que se corresponda co que está formulado tanto na elaboración da mesma, e que sexa suministrada aos animais e dixerida por eles de forma que as vacas acaden os obxectivos de produción de leite que se agardaban. Esta foi a idea central que quixo transmitir o profesor canadense, para quen “non é só importante o alimento que lle damos ás vacas, senón como as vacas comen a ración”.

Paso 1: ¿Correspóndese a ración que lle damos co que está formulado?

Neste sentido, para Trevor DeVries o primeiro desafío que se nos presenta é asegurarnos de que a comida que lle damos aos animais é realmente consistente coa ración que formulamos. “Poñemos moita énfase en lograr moi boa calidade de forraxes e en mellorar a eficiencia pero tamén nos debería precupar que a ración que formulamos é realmente a que lle ofrecemos ás vacas no pesebre”, subliña.

DE VRIES ALLTECH CONSISTENCIA 1

Neste sentido, a conclusión de DeVries é que non, e apoiouse nun estudo realizado recentemente en Canadá no que analizaron en distintos establos a ración en pesebre, comparándoa coa que estaba formulada. Tomaron mostras dúas veces ao ano durante 7 días seguidos para detectar a variación dentro de cada granxa. “Atopamos que había un desaxuste: había nutrientes por riba e outros por debaixo do que estaba formulado. Iso supón un sobrecusto e unha falta de eficiencia para o gandeiro”, advirte.

Para asegurarnos de que as vacas comen unha dieta consistente coa ración que se formulou, Trevor Devries recomenda preguntarse:

-Cantas veces se comproba a Materia Seca que se lles suministra? Especialmente para as forraxes propias. O ideal sería facelo cada dous días, ou como mínimo unha vez á semana.

-Con que frecuencia se analizan os componentes da ración e cantas veces esta é reformulada? É dicir, comprobar o seu valor nutricional, sobre todo das forraxes propias.

-Temos implantados protocolos para elaborar a ración?

-Somos quen de averiguar que ingredientes e en que proporción se incluíron na mezcla?

2 ¿Canto de precisas/consistentes son as racións que lle damos ao gando?

DE VRIES ALLTECH CONSISTENCIA 2

Os resultados do mesmo estudo pero analizando a ración durante 7 días seguidos en cada granxa tamén detectou unha importante variación da ración. “O que detectamos -explica- é que canta maior variación diaria do suministro de materia seca por vaca menor é o consumo medio por animal. En concreto, cada 0,5 puntos de incremento na variación diaria do contido de MS de enerxía da ración significa un 1 kg menos de consumo medio diario de materia seca por vaca”.

Comparando a peor granxa en canto a consistencia da ración e a mellor detectaron que a diferenza chega a 1,5 kg de variación diaria no suministro por vaca de MS de enerxía sobre o que estaba formulado na ración, o que se traduce en 3 kg menos de consumo de materia seca por vaca.

Canta máis variación na ración menor producción de leite

DE VRIES ALLTECH CONSISTENCIA 3

Pero ademais, o profesor canadiano advertiu de que esta falta de consistencia ou regularidade da ración ten un impacto na producción de leite das granxas. “Cada 0,5 puntos de variación son 3,2 kilos menos de leite diarios por vaca. Se a variación chega a 1,5 kg de MS de enerxía tradúcese en 10 kilos menos de leite por vaca e día, o que dá mostra da importancia de ofrecer ás vacas unha ración consistente”, advirte.

Ás vacas encántalles a consistencia, tanto dende o punto de vista do comportamento, pois encántanlles as rutinas, pero tamén dende o punto de vista dixestivo. Así, lembrou que “a dixestión nas vacas é realizada polas bacterias do rume, principalmente, e estas prefiren ter unha dieta uniforme para degradar”.

3 ¿A ración foi ben mesturada para que se corresponda co que estaba sobre o papel?

O seguinte paso para asegurarnos de que as vacas comen unha dieta consistente é comprobar que a ración é mesturada e suministrada do mesmo xeito todos os días. Para logralo, o profesor Trevor DeVries recordou que dispomos de diferentes ferramentas como son:

-A formación dos gandeiros e dos traballadores, sobre todo cando son varios os que se encargan da alimentación, mediante a implantación de protoclos.

-Os progamas de xestión TMR.

-Os robots de alimentación, que prevé que se implantarán cada vez máis, pois permiten eliminar a variación debido a factor humano.

4 ¿A vaca come de forma consistente?

Unha vez que conseguimos subministrar unha ración que se corresponde en cantidade e calidades coa formulación, o seguinte reto, segundo o experto, é comprobar que a vaca coma a ración tamén de forma consistente. É dicir, reducir a selección da comida por parte das vacas.

“As razóns polas que unha vaca selecciona no pesebre poden ser porque non lle gusta esa ración tal e como se lle presenta. E dende o momento en que a vaca comeza a realizar este comportamento de selección da comida estase creando unha inconsistencia, de forma que non hai unha correspondencia entre o leite que esperábamos que producira con esa ración e os litros do tanque”, subliña.

DE VRIES ALLTECH CONSISTENCIA 4

Neste sentido, o experto citou varios estudios da Universidade de Guelph nos que se relaciona a porcentaxe de selección no pesebre por parte das vacas coa producción de graxa e proteína. En concreto, canto maior é o descarte das vacas das partículas de forraxe longas menor é a producción de sólidos lácteos.
“Poderíamos atribuir un 30% da variación do contido de graxa do leite ao comportamento de selección no pesebre”, sinalou Trevor DeVries.

Ademais, lembrou que a selección negativa da fibra por parte das vacas “ten tamén unha repercusión negativa na microbiota do rume, produce unha baixada do PH e incrementa o risco de acidose”.

Recomendacións para reducir o comportamento de selección no pesebre:

-As dietas deberían ser deseñadas para reducir o comportamento de selección.
Para iso, debemos aprender a xestionar a cantidade de forraxe que incluímos na ración, o tipo de forraxes, o tamaño das partículas e a porcentaxe de humidade. A recomendación é maximizar a porcentaxe de forraxe na ración; se a forraxe está máis húmida haberá menos selección, e viceversa; picar a forraxe o máximo posible e engadir auga ou outros líquidos para compactar máis a ración e reducir a selección.

-A ración debe estar ben mesturada e estar dispoñible para os animais de forma consistente: Cantas máis veces se arrime e comida e canta máis frecuencia se reparta o suministro da ración menor será o comportamento de selección da mesma por parte das vacas. Ademáis, a maior frecuencia de suministro da ración, maior será tamén o número de veces que as vacas se achegan ao pesebre. “E iso repercute en maior estabilidade ruminal, dixestión máis eficiente, máis saúde ruminal e, por suposto, nun consumo da ración máis consistente”, destacou o profesor.

-Arrimar a comida con máis frecuencia: Non só poñeremos de novo a comida a disposición do gando, senón que a estaremos remexendo e axudando tamén á consistencia da súa alimentación.

-Asegurarnos de que haxa suficiente espacio por vaca no comedeiro. Cando non hai espazo abondo e as vacas teñen que competir polo comedeiro iso crea insconsistencia no comportamento de alimentación pois comerán máis rápido, menos veces ao día e durante máis tempo cada vez, o que conleva problemas ruminais e unha ineficiencia alimentaria. A este respecto, Trevor DeVries recomenda que “como mínimo debe haber 46 centímetros de comedeiro por vaca, sendo o ideal 60 centímetros”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información