Pontevedra prepárase para unha nova edición da Feira do Mel

Meleira celebra do 11 ao 14 de agosto a súa XXXVI edición cun mercado de mel, degustacións, catas, obradoiros e actividades para todos os públicos

Pontevedra prepárase para unha nova edición da Feira do Mel

Pontevedra acollerá do 11 ao 14 de agosto unha nova edición de Meleira, Feira do Mel, que chega este ano á súa XXXVI edición. As actividades desenvolveranse principalmente na rúa Serra, onde se instalarán dúas carpas fronte á Praza de Abastos. O mercado de mel e produtos de calidade estará aberto de 10 a 14 horas e de 18 a 21.30 horas.

O programa combina divulgación, gastronomía e propostas familiares. A inauguración terá lugar o martes 11 ás 11 horas, acompañada por un cuarteto de música tradicional. Pola tarde haberá un espectáculo de títeres, un obradoiro para aprender a extraer mel artesanalmente e unha degustación de Pan de Cea IXP con Mel de Galicia IXP.

A programación continuará o mércores cunha cata de queixos galegos con DOP, mentres que o xoves incluirá unha cata de Mel de Galicia IXP, un obradoiro de elaboración de velas con cera de abella e novas degustacións.

O venres 14, a feira contará coa actuación de Brais das Hortas, un novo obradoiro de extracción de mel e unha degustación de iogur con Mel de Galicia IXP. Ademais, haberá actividades infantís como pintacaras, decoración de tarros e o concurso “Atopa o teu mel”.

Programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información