O Consello da Xunta abordou esta semana un informe da Consellería do Medio Rural no que se dá conta da posta en marcha da aplicación Contacarne. A imaxe de Conta Láctea, con Contacarne búscase que as granxas poidan calcular os seus custos de produción, de cara a ter unha idea do prezo que precisan polos seus animais para cubrir custos de produción.
As ganderías poderán darse de alta en Contacarne como usuarios logo de introducir os seus datos básicos (número de persoas propietarias, persoas traballadoras, superficie agraria útil (SAU), investimentos, así como os datos de ingresos e gastos). Tamén é posible o rexistro como usuarios profesionais, o cal permite rexistrar varias explotacións que estean baixo o mesmo sistema de xestión técnico-económica e obter un informe/diagnose comparativo delas.
Pódese acceder a Contacarne nesta web.