Polémica pola instalación dunha nova granxa de porcino no concello de Friol

Granxa-porcino-SAT-O-Chope-_Porcos-Polémica pola instalación dunha nova granxa de porcino no concello lugués de Friol. A controversia fíxose pública o pasado mes cando unha asociación veciñal da parroquia de San Pedro de Vilalbite comezou a mobilizarse pola proximidade ás vivendas dunha nova granxa de porcino. Por parte do concello, o alcalde, José Ángel Santos, defende que a nova instalación conta con todos os permisos e cumpre coa lexislación vixente e acusa ao Partido Socialista de instrumentalizar aos veciños.

En concreto, a asociación veciñal Agro da Pena da Vila, na parroquia de Vialviete, acordou recorrer ante a xutixa o proxecto para instalar unha nova granxa porcina que se prevé construír no lugar da Retorta, e que tería capacidade para uns 1900 porcos.

Desde a asociación veciñal, que agrupa a uns 90 socios, inciden en que “os veciños saben que as condicións de habitabilidade quedarán moi mermadas, coa contaminación das augas e partículas tóxicas tamén botadas directamente ao aire, ademais dos cheiros e desvalorización das súas propiedades”.

Pola súa parte, o alcalde de Friol, José Ángel Santos, asegura que o proxecto da nova granxa de porcino “conta con todos os informes sectoriais favorables, cumprindo todos os parámeetros técnicos e legais: o urbaníticos, o meidoambiental, o da Consellería de Medio Rural e o da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, polo que de non autorgarlle a licenza por parte do concello sería incorrer no delito de prevaricación”.

Ademáis, considera que “tanto a única concelleira do PSOE en Friol como a alcaldesa de Lugo están utilizando aos veciños con fins electoralistas e danando a imaxe dun sector, como o gandeiro, que é o motor económico de Friol, onde contamos con máis de 400 explotacións, e fumos no 2024 un dos concellos de Galicia que máis xente nova incorporou ao sector”.

A Asociación Agraria de Galicia reitera o seu “apoio ao promotor da explotación porcina, porque cumpre con toda a lexislación vixente”

Para Franscisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), “é inadmisible que non deixen seguir adiante o proxecto” e defende, en nome da asociación, que calqueira persoa é libre de poder facelo cumprindo coa normativa vixente, esté o concello gobernado por unha cor ou outra, porque “qué pasaría se algún cargo público que é gandeiro quixera por unha granxa? Por ser dun partido político, non pode obter a licenza?”. E plantéxase entón, que deste xeito, “nos concellos que goberna a outra cor política, significa que non conceden licenzas aos gandeiros que se queren instalar cumprindo as mesmas normas?”.

Segundo a información técnica obtida por ASAGA respecto a tramitación do expediente para a futura licenza de obra, “este proxecto cumpre na súa totalidade coa lexislación vixente, por tanto, trasladamos o noso total apoio ao promotor para que esta futura explotación porcina sexa unha realidade e contribúa a expansión do sector porcino no interior da provincia de Lugo”.

Ademais, ASAGA rexeita “calqueira oposición á súa posta en marcha por parte de quen obedece máis a unhas siglas políticas que ao crecemento da gandería en Galicia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información