Pode a selección xenética das abellas axudar a combater a varroa nos apiarios?

Resultados do traballo de fin de master que analiza a viabilidade da selección de 'Apis mellifera' como método de loita contra o ácaro e o impacto económico destas prácticas nas explotacións apícolas

Observación con lupa de ejemplares de Varroa dañados o mutilados por las propias abejas

Observación con lupa de exemplares de Varroa danados ou mutilados polas propias abellas

Este traballo determina a viabilidade de empregar a selección de Apis mellifera como método de loita complementario contra o ácaro Varroa destrutor e a avaliación do impacto económico que suporía a adopción da metodoloxía proposta para as explotacións apícolas.

En primeiro lugar, defínese a estrutura de custos de 4 explotacións apícolas situadas no sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense mediante a realización de entrevistas persoais aos apicultores das que se obteñen os datos necesarios para realizar a análise e a comparativa dos custos fixos e variables, así como dos ingresos.

Por outra banda, proponse unha metodoloxía vertebrada en 3 parámetros (comportamento hixiénico, VSH e grooming) que permite obter resultados de forma rápida e fiable co fin de cuantificar a resistencia a Varroa en cada unha das 10 colmeas mOstreadas de cada explotación (N=40) e realizar unha análise de tempos e custos do material necesario para levala a cabo.

A implementación dun procedemento para identificar as colmeas con mellores aptitudes para defenderse do ácaro Varroa ten un impacto mínimo sobre a estrutura de custos das explotacións pero o beneficio a longo prazo é notable

Como principais conclusións dedúcese que a implementación dun procedemento para identificar as colmeas con mellores aptitudes para defenderse do ácaro Varroa ten un impacto mínimo sobre a estrutura de custos das explotacións e, sen embargo, o beneficio que se pode obter a longo prazo é notable, evidenciado polos numerosos estudos realizados neste campo nos últimos anos onde se demostran as vantaxes de incluír a selección xenética como instrumento para conseguir cabanas apícolas sas e máis resistentes ao ácaro.

Metodoloxía proposta para cuantificar a capacidade defensiva das colonias fronte á Varroa destructor:

  • FORZA DAS COLONIAS

A forza ou estado das colonias obxecto de estudo determinouse paralelamente ao resto das características e consistiu na asignación a cada colmea dunha puntuación comprendida entre 0 e 20 puntos. Para iso tivéronse en conta os seguintes parámetros: cadros de cría, puntuación da cría, cadros ocupados por abellas e reservas. No punto 5.3 do TFM explícase en detalle o modo de valoralo.

  • NIVEL DE INFESTACIÓN INICIAL

Durante a primeira visita aos apiarios, á vez que se aplicou a metodoloxía proposta para cuantificar o grao de resistencia das colonias fronte á varroa, aproveitouse para valorar o nivel de infestación inicial para cada colmea tanto nas abellas adultas como na cría a través da morte por caída natural (ou provocada) de ácaros ao fondo das colmeas.

A porcentaxe de infestación na cría calculouse simultaneamente á determinación do VSH, explicado no apartado 4 deste artigo, grazas á fórmula 5-6.

O procedemento empregado para determinar o grooming nas colmeas tamén se usou para determinar o nivel de infestación da colonia por ácaros caídos, obtendo deste xeito 3 medidas do nivel de infestación inicial para cada colonia.

  • COMPORTAMENTO HIXIÉNICO

Para levar a cabo a determinación deste comportamento realizáronse as seguintes operacións:

    1. Preparación dos inxertos:
       
      O día anterior á visita ao apiario selecciónase un cadro de cría dunha colmea que non forme parte do estudo e que presente unha raíña con boa capacidade de posta. A cría deberá estar totalmente operculada e con pupas maduras, isto é, ollos violetas e o corpo empezando a escurecerse (ilustración 5.3).Este cadro recortarase en porcións de aproximadamente 5×5 cm, é dicir, 100 celdiñas por cada cara. As porcións manteranse nun conxelador a -20ºC durante 24 horas. Deberanse anotar as celdiñas baleiras en ambas as caras de cada porción para facer o cálculo correcto (fórmula 5-2 e 5-3) ao determinar o comportamento hixiénico.

      Celdas de cría desoperculadas con pupas de edad adecuada

      Ilustración 5.3 – Celdas de cría desoperculadas con pupas de idade adecuada.

    2. Proceso de inxertado:
       
      Cada unha das porcións de panal débese enxertar nun panal das colmeas elixidas que conteña cría da mesma idade (ollos violetas e corpo empezando a escurecerse).Para iso, previamente recórtase un anaco de panal da mesma forma e dimensións que será gardado nunha bolsa hermética etiquetada co número de colmea asignado. Esta porción empregarase para levar a cabo o estudo de VSH e para calcular a porcentaxe de infestación na cría como se describirá no apartado seguinte.
      varroa02
    3. Estimación do comportamento hixiénico:
       
      O comportamento hixiénico de cada colmea verificarase ás 24 e 48h. Deste reconto débense descontar as celas baleiras antes do enxertado no caso de que as porcións de panal non teñan o 100% das súas celas operculadas.Unha das grandes vantaxes deste método é que cada colmea analizada prové unha mostra de cría para a análise do nivel de infestación que se explicará no seguinte apartado; aproveitando así unha operación para obter ata tres resultados distintos: comportamento hixiénico, VSH e nivel de parasitación da cría.Para determinar o valor do comportamento hixiénico (CH) da colonia empregaranse as seguintes fórmulas:
      varroa2
  • VSH

Para a análise desta característica, empregaremos a porción de panal extraída e reservada na súa correspondente bolsa hermética, obtida da operación de enxerto descrita no apartado anterior.

A importancia, xa descrita no apartado anterior, de que as porcións de panal extraídas conteñan cría con ollos violetas e corpo empezando a escurecerse radica en que, nesta fase de desenvolvemento, a posible descendencia da varroa que se estea reproducindo no interior da cela tería suficiente tempo para desenvolverse, permitindo deste xeito determinar se a colmea conta con esta característica ou non e en que proporción.

Deberanse anotar aquelas colmeas nas que se observen opérculos en forma de volcán (ilustración 5.8) co obxecto de determinar se existe algunha relación entre estes e o % de VSH.

Opérculos en forma de volcán

Ilustración 5.8 – Opérculos en forma de volcán.

Para este estudo deberase contar cunha fonte de luz fría que permita visualizar o interior das celdiñas.

En primeiro lugar, levantaranse os opérculos cun cúter, verificando se hai ácaros no seu envés (ilustración 5.9) e, coa axuda dunha agulla entomológica extraerase a pupa coidadosamente e observarase en busca de varroas; acto seguido examinarase o interior da celdiña.

Ilustración 5.9 - Varroas en la cara interna de los opérculos.

Ilustración 5.9 – Varroas na cara interna dos opérculos.

Unha vez extraída e examinada a pupa e o interior da celdiña clasificaranse en tres categorías:

  1. Celas sen varroas nin sobre a pupa nin no interior da celdiña.
  2. Celas con varroas que non teñen descendencia. No caso de que unicamente exista a Varroa inicial e un macho tamén se incluirán neste grupo pois o feito de que só exista descendencia masculina quere dicir que esta colonia de abellas evitou a reprodución normal nesta celdiña. A Varroa inicial pon un primeiro ovo que dará orixe a un macho e os seguintes serán femias, por tanto, a existencia de só un macho en pupas de idade avanzada suxire unha paralización do seu ciclo normal de cría.
  3. Celas que teñen polo menos unha Varroa, un macho e outra femia ou máis (filla/s da primeira).

Para determinar o valor de VSH da colonia seguiuse a seguinte fórmula:

varroa4Ademáis, con estes datos poderemos determinar tamén o nivel de infestación de Varroa na cría empregando a seguinte fórmula:

varroa5

  • GROOMING

Para determinar este comportamento, as colmeas seleccionadas no estudo equiparanse con fondos sanitarios. Nos devanditos fondos introducirase unha cartolina branca cuadriculada e impregnada en vaselina filante. Esta cartolina verificarase ás 24h (aproveitando a revisión para valorar o comportamento hixiénico) realizando o cálculo de ácaros e volverase a colocar no fondo da colmea. Ás 48h procederase a retirar a cartolina, dobrándoa suavemente de maneira que as caras impregnadas de vaselina queden cara ao interior. Cada cartolina identifícase co número da colmea.

O reconto total de ácaros caídos realizarase nos días posteriores á súa extracción e equivalerá ao número de ácaros ás 48h. Ao mesmo tempo cuantificaranse e analizaranse as varroas danadas para determinar o grooming grazas á fórmula 5-7.

Os ácaros observaranse individualmente na lupa en busca de mordeduras, amputacións ou calquera outro tipo de dano en:

  1. Escudo dorsal
  2. Gnatosoma
  3. Extremidades
  4. Zona ventral

A determinación do grooming realizarase mediante a seguinte fórmula:

varroa08

Resultados encontrados na mostra do estudo

A metodoloxía proposta neste estudo deseñouse para poder determinar aquelas colmeas que presentan unha ou varias características desexadas fronte á varroa no menor tempo e co mínimo custo posibles.

O traballo levouse a cabo en 4 colmenares (A-D) situados en senllos municipios do norte da provincia de Ourense e do sur da provincia de Lugo. Analizáronse 10 colmeas de cada colmenar (N=40) e os resultados atopados móstranse a continuación.

  • FORZA DAS COLONIAS

Na táboa 6.1 expoñénse os valores dos parámetros empregados para determinar a forza que as colonias analizadas presentaban no momento do mostreo que se levou a cabo entre os meses de abril e maio.

varroa09Tendo en conta os resultados anteriores a forza da colonia sitúase nun nivel medio-alto nos colmeares A e D, mentres que as colonias dos colmeares B e C atópanse nun nivel sensiblemente inferior.

  • NIVEL DE INFESTACIÓN INICIAL

Na táboa 6.2 móstranse os valores medios (en termos porcentuais para as infestaciones en abellas e cría, así como en valores medios con varianza para os ácaros caídos) obtidos mediante os distintos métodos de diagnóstico para estimar o nivel inicial de infestación das colmeas incluídas no estudo.

varroa10

  • COMPORTAMENTO HIXIÉNICO

Os valores de comportamento hixiénico ás 48h do enxertado foron do 100% en todas as colmeas dos apiarios B, C e D excepto nun, que foi do 95%.

Pola contra, as colonias do colmear A, ás 48h do enxertado, apenas superaran o 75% de limpeza en termos medios, aínda que dúas colmeas deste apiario removeran o 100% da cría morta ás 24h do enxertado. Nos colmenares B e D, todas as colmeas presentaron niveis de limpeza superiores ao 90% ás 24h. As gráficas seguintes conteñen os resultados correspondentes aos colmenares A e D.

varroa11

Ilustración 6.2 - Comparativas de la capacidad de comportamiento higiénico a las 24h del injertado y fuerza de las colonias en los colmenares A-D.

Ilustración 6.2 – Comparativas da capacidade de comportamento hixiénico ás 24h do enxertado e forza das colonias nos colmeares A-D.

Na figura 6.2 represéntase soamente a porcentaxe de celas limpas ás 24h do enxertado ao considerarse como un parámetro máis restritivo que ás 48h, ademais conleva un valor engadido superior o conseguir determinar as colmeas que sexan capaces de adquirir un nivel de limpeza maior no menor tempo posible.

  • VARROA SENSITIVE HYGIENE (VSH)

Nas porcións de panal con cría de 4 das 40 colmeas mostreadas atopáronse familias de varroas que deberían contar cunha descendencia maior debido ao estado avanzado das pupas de abella (todas elas a piques de nacer). Con todo, nestas celdiñas só se atopou unha varroa femia madura, signo inequívoco de que as abellas nalgún momento destaparon a celdiña e cortaron o seu ciclo de reprodución.

As colmeas mostreadas resultaron pertencer aos apiarios A (2), B e D (táboa 6.3) sendo a 8-B a única que ademais presentou en varios cadros do seu niño de cría opérculos con forma de volcán, aparecendo 9 na porción de panal estudado.

varroa13Por outra banda, o nivel de infestación da cría na colonia 8-B é o menor das 4 colmeas que presentan esta característica, sitúase en segundo lugar pola metodoloxía da mostraxe da abella adulta e, sen embargo, é a que máis ácaros caídos por día presenta, o cal pode ser indicativo da capacidade para que as varroas envellezan sen poder deixar descendencia. Tras considerar a posibilidade de que a forza da colonia poida influenciar esta característica tampouco se aprecia unha relación clara, do mesmo xeito que no parámetro anterior (táboa 6.4).

varroa14

  • GROOMING

En todos os colmeares atopáronse ácaros mutilados no fondo das colmeas. Para os recontos consideráronse aqueles ácaros con danos no aparello bucal (gnatosoma) como no idiosoma (ilustración 6.3), constituíndo este feito un indicador representativo de que as abellas das colmeas nas que se atopou dita característica son capaces de detectar o ácaro, ben no seu corpo ou no doutras abellas obreiras, e atacalo co seu aparello bucal e patas ata conseguir que se desprenda.

Nas gráficas seguintes represéntanse os resultados obtidos nos colmenares A e D.

varroa15

Ilustración 6.3 - Relación entre la fuerza de la colonia, número de varroas caídas por colmena y número de ácaros mutilados en los colmenares A-D.

Ilustración 6.3 – Relación entre a forza da colonia, número de varroas caídas por colmea e número de ácaros mutilados nos colmeares A-D.

Cabe destacar as colmeas 6, 7 e 9 do colmear D, onde caeron 2, 3 e 2 varroas respectivamente, que reflectiron un resultado do 100% de ácaros mutilados. Unha vez máis, a forza e o estado da colonia non parece xogar un papel importante nesta característica como tampouco parece selo o número de varroas caídas/día nin o nivel de infestación.

“O impacto económico é ínfimo e supón un avance importante na loita contra a varroa”

César Crespo Vázquez es profesor en el Centro de Formación y Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos

César Crespo é profesor no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos

Tras analizar os resultados, as conclusións máis importantes ás que se chegou neste traballo foron:

  1. A forza ou o estado das colonias non parece estar relacionado coas características valoradas neste estudo, o que suxire que estes comportamentos posúen un elevado compoñente xenético. Ademais, todos eles son cuantificables polo que permiten seleccionar as colmeas máis resistentes á varroa para a súa posterior reprodución.
  2. O grooming é un comportamento que se atopa presente na maior parte das colmeas deste estudo e que resulta rápido e fácil de valorar, polo que resultaría unha característica doada de fixar na cabana apícola. Ademais, este parámetro contribúe a reducir, de forma directa, o nivel de infestación das colmeas, o que supón un avance importante na loita contra a varroa.
  3. A época máis adecuada para levar a cabo a metodoloxía proposta en Galicia abarcaría desde marzo (zonas costeiras) ata maio (zonas montañosas). A repetición do proceso noutro momento do ano permitiría coñecer de maneira máis concluínte se unha colmea é ou non apta para a selección, polo que se recomenda unha segunda valoración entre agosto (zonas costeiras) e setembro (zonas montañosas) que, en todo caso, débese realizar antes da aplicación do tratamento outonal obrigatorio.
  4. O impacto económico de aplicar a metodoloxía proposta sobre os custos variables é ínfimo. Sobre as amortizacións pode xogar un papel diferente dunhas explotacións a outras dependendo da súa carga neste concepto pero, en calquera caso, a repercusión é mínima en comparación cos beneficios que se poden obter a longo prazo.

Para ampliar a información sobre este e outros contidos tratados no TFM, pódese visitar o texto completo neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información