A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Plusmaster, unha solución para combater o estrés dos cultivos

Fertiberia Tech desenvolve unha nova tecnoloxía que incrementa o nivel de antioxidantes nas plantas para favorecer a súa resposta ante situacións de tensión coma a calor, o frío e a falta ou exceso de auga

Plusmaster, unha solución para combater o estrés dos cultivos

A firma Fertiberia Tech desenvolveu de forma exclusiva unha nova tecnoloxía coa que axudar aos cultivos a facer fronte ó estrés que sofren ao longo do ciclo vexetativo debido a factores coma a calor, o frío, as xeadas, a falta ou exceso de auga, o vento, a calidade dos solos, a salinidade da auga ou a contaminación, entre outros. Este estrés abiótico limita o metabolismo das plantas, a súa capacidade fotosintética e o seu potencial produtivo.

A nova tecnoloxía AntiOX, desenvolvida polo departamento de I+D da firma, contempla unha solución a estes problemas de estrés a base dun complexo activado de minerais silíceos, que se incorpora á súa gama de fertilizantes Plusmaster. Esta tecnoloxía funciona como un regulador selectivo da absorción e circulación de nutrientes a través do xilema, aumentando o nivel de antioxidantes na planta, reforzando o seu metabolismo e conseguindo que os cultivos sexan máis resistentes, con mellor sanidade de planta e máis produtivos.

Fertiberia Tech realizou desde 2014 multitude de ensaios de campo cos seus fertilizantes Plusmaster con tecnoloxía AntiOX en diferentes cultivos como trigo, cebada, millo, tomate, pataca, cebola, allos, alfalfa, forraxes, pemento, leituga, etc. En todos eles viu claramente que, trala aplicación da tecnoloxía AntiOX, increméntase a concentración de silicio dispoñible para as plantas a nivel do solo e a cantidade de compostos antioxidantes producidos polos cultivos.

Ao mesmo tempo, hai un maior desenvolvemento das raíces, garantindo unha maior absorción de auga e nutrientes. Tamén constataron un uso máis eficiente de nutrientes por parte das plantas, con acumulación de maiores cantidades de silicio, nitróxeno, fósforo, potasio, calcio e boro. Aumenta a produción de clorofila e fortifícase a actividade fotosintética. Por último, hai un aumento constante na produción de diferentes cultivos e unha mellora nos parámetros de calidade desta mesma produción.

“O resultado de todos estes ensaios permite afirmar que a tecnoloxía AntiOX ten un beneficio claro para o agricultor: os aumentos de producións son significativos e compensan economicamente o investimento realizado en abonado, conseguindo aumentar a rendibilidade do cultivo grazas a unha fertilización máis eficiente e completa”, concretan desde Fertiberia.

A liña de fertilizantes Plusmaster consta de varios equilibrios PK, NP e NPK, tendo todos en común a incorporación da tecnoloxía AntiOX. Son fertilizantes de fondo que deben incorporarse ao solo antes do inicio dun novo ciclo de cultivo. Cando se aplica á superficie do solo, a súa disolución debe garantirse polas condicións locais de choiva ou rega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *