Plantas de biogás: Para que granxas son rendibles e qué dúbidas presentan?

César Rescha, á esquerda, e Leticia Regueiro, á dereita, no coloquio.

César Rescha, á esquerda, e Leticia Regueiro, á dereita, no coloquio.

O IV Foro Empresarial Lácteo, organizado polo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, e celebrado recentemente no concello coruñés do Coristanco, abordou un dos temas que máis debate xeran neste momento no agro como é o da instalación de plantas de biogás.

O pasado 28 de xaneiro, o foro organizou un coloquio sobre a viabilidade das plantas de biogás nas granxas galegas, un debate no que participaron Leticia Regueiro Abelleira, CEO da consultora Medrar Smart Solutions, e César Resch Zafra, investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL).

Ofrecemos a continuación un resumo das súas intervencións:

César Resch: Unha planta de biogás para que sexa rendible ten que ter unha alimentación bastante estable polo que a clave para que produzan enerxía en forma de metano é que teña un suministro constante de matería orgánica susceptible de ser dixerida polos microorganismos da planta (palla, silo de herba, silo de millo, lodos de depuradoras e outros resíduos das cidades) e o xurro que aporta a maiores esas bacterias que son imprescindibles para o proceso de dixestión anaerobia.

O resultado en forma de excreta é o dixestato, que é mellor que xurro do vista agronómico. A produción do biodixestor é en contínuo ao longo de todo o ano e o dixestato non se pode aplicar nas fincas durante todo o ano, especialmente durante o inverno, polo que ten que haber unha boa capacidade de almacenaxe nas plantas de biogás para aplicar o dixestato cando se pode e se precisa (durante a milleira e no outono para as pradeiras).

O que non pode ser é que por intentar facer negocio co biogás nos carguemos un sector que vai ben como é o de vacún de leite

Por outra parte, o dixestato ten o dobre de Nitróxeno que o xurro, polo que hai que ser especialmente cautelosos para evitar a contaminación de augas por nitratos e evitar que as comarcas gandeiras sexan declaradas Zonas Vulnerables a Nitratos, xa que no caso de gando vacún só se permitiría un máximo de 2 UGM por hectárea.

O que non pode ser é que por intentar facer negocio co biogás nos carguemos un sector que vai ben e que ten potencial de seguir aumentado a produción como é o de vacún de leite.

“Ninguén nos di que se vai meter nas grandes plantas de biogás que se proxectan”

Por outra parte, en Galicia ningúen nos di que se vai meter nas grandes plantas de biogás que se proxectan, porque con xurro só non funciona pois se hai que trasportalo moita distancia encarece moito o proceso. A clave é con qué se vai alimentar a esas plantas.

Leticia Regueiro (Medrar): Hai que facer números e a partir de 400 en vacas en muxido os números dan para instalar unha planta de biogás nunha granxa. Pode oscilar a produción de biogás metendo máis ou menos silo de millo.

Nas grandes plantas de biogás, nas que se empregan tamén lodos de depuradora e resíduos da industria cárnica, a normativa prohibe aplicar ese dixestado no campo, senón que ten que pasar antes por un xestor autorizado que, tras tratalo, o comercialize como fertilizante.

 “As plantas de biogás son moi rendibles en granxas de porcino e de avicultura, e nas de vacas cun mínimo de 400 vacas en muxido”

Unha cousa son as macroplantas de biogás e outras plantas de autoconsumo que se instalan nunha granxa ou entre varias en común. Nestas plantas non hai grandes diferenzas na cantidade de nitróxeno que entra e que sae da explotación, polo que a priori non hai problema co dixestato, que ule menos e ten maior valor agronómico ca o xurro.

As macroplantas que se proxectan en Galicia están ao lado de onde pasan os gasoductos porque para producir biometano a distancia da planta ao punto de inxección na rede non debe ser superior a 2 quilómetros, por unha cuestión de eficiencia. O dixestato desas macroplantas non pode aplicarse directamente na agricultura.

O modelo polo que apostamos en Medrar é outro, o de plantas para autoconsumo, para producir calor, como nas granxas de polos ou de porcino, e tamén nas de vacún de 400 ou máis vacas en muxido. Tamén é viable poñer de acordo a varias ganderías que estean nun radio de distancia cercano. Noutros países europeos prímanse a estes proxectos por inxectar enerxía eléctrica procedente da combustión do biometano á rede xeral, e é unha importante fonte de ingresos para as ganderías, pero en España págase menos do que costa producila.

En xeral o biogás é moi rendible en granxas que precisan un alto consumo eléctrico para manter unha temperatura, como en avicultura ou porcino, e tamén en ganderías de vacún de leite do tamaño que falamos para autoconsumo eléctrico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información