A planta ornamental galega estrea selo propio

Galicia Calidade impulsa a certificación ‘Planta Ornamental de Galicia’, que busca o recoñecemento para a produción galega no mercado. Nove viveiros e a Asociación de Viveiristas do Noroeste reciben a marca

Publicidade
A planta ornamental galega estrea selo propio

Entrega dos distintivos 'Planta Ornamental de Galicia - Galicia Calidade' a nove viveiros e á Asociación de Viveiristas do Noroeste.

A feira Arco Verde, que se celebra ata mañá sábado en Santiago, no recinto feiral de Amio, acolleu a entrega das primeiras certificacións ‘Planta Ornamental de Galicia – Galicia Calidade’. O selo, pioneiro no ámbito estatal, busca o recoñecemento no mercado para a produción galega, ben valorada a nivel estatal e internacional. Nove viveiros de planta ornamental e a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) recibiron as primeiras certificacións da man de Galicia Calidade.

“O noso obxectivo é crear unha marca, ‘Planta Ornamental de Galicia’, que diferencie a excelencia das plantas certificadas baixo unha norma de produción única en España”, destacou no acto de entrega Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e presidenta de Galicia Calidade.

Os viveiros que obtiveron a certificación foron nun inicio nove, se ben o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro sinala que “esperamos que nun futuro sexan moitos máis”. Recibiron hoxe o selo Estela Orvi S.L., Anselmo Lamigueiro Merino, Viveros Cabaleiros S.L., Hortival Narón, S.L., Viveros Costa de Lóngaras S.L.U., Viveros San Campio S.L., Estelas da Terra S.C.G., Viveros Leboreo S.C. e Xardín Senra S.L. Tamén recolleu a placa da marca a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor), organizadora da feira Arco Verde.

Imaxe de grupo tras a entrega das certificacións.

Imaxe de grupo tras a entrega das certificacións.

Apoio á iniciativa
A posta en marcha da certificación contou tamén coa colaboración da Fundación Juana de Vega e da Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), “que desde o primeiro momento volcáronse con nós na idea, no seu desenvolvemento e no día a día” -subliña Santiago Ramos, de Asvinor-. “Esta acción é estratéxica, potenciadora e sobre todo axudará a que moitos viveiros se animen a certificar as súas plantas para gañar más clientes, más mercados e tamén prestixio, dentro e fóra de España”, valora Ramos.

Feira Arco Verde, en Amio.

Feira Arco Verde, en Amio.

Feira Arco Verde
O acto de entrega das certificacións produciuse durante a X edición da Feira Arco Verde, que reúne ó sector galego de viveiros e que se celebra ata mañá sábado no recinto feiral de Amio, en Santiago. O evento está organizado pola Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor), a Fundación Juana de Vega e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información