A planta que o Grupo Lactalis ten en Vilalba, Lugo, dedicada á produción de leite, incrementou a súa produción un 2,7% entre 2019 e 2020, pero grazas a unha rigorosa xestión dos recursos e a mellora da eficiencia enerxética logrou reducir o seu consumo de auga en case un 1% e, tamén, a súa pegada de carbono.
Cun consumo inferior a 1 litro de auga por litro de leite producido, a planta galega, na que se fabrica a nivel nacional a nova Puleva Vita Defensas, entre outros tipos de leite, ten unha dos mellores cocientes da industria láctea a nivel internacional e logrou converterse nun exemplo de boas prácticas en materia de sustentabilidade ambiental. A fábrica, que canaliza os seus esforzos en manter e mellorar estes indicadores, seguiu reducindo o seu cociente de consumo de auga por tonelada de produto producido: un 3,5% en 2020.
Malia o incremento da produción, a fábrica tamén mellorou outros indicadores como o consumo de enerxía térmica que o baixou nun 11.5%.
Reducir o impacto ambiental é un dos principais compromisos corporativos do Grupo Lactalis. Unha das principais liñas de traballo a nivel industrial, é alcanzar o maior aforro posible de recursos naturais e a máxima eficiencia enerxética, o que se consegue a través do investimento financeiro, a formación e a sensibilización dos empregados.
Redución da pegada de carbono
“Un dos nosos principais obxectivos é o de reducir a pegada de carbono en todos os chanzos do ciclo de produción dos nosos alimentos: desde a granxa, colaborando cos gandeiros para detectar áreas de mellora, até o transporte e, moi especialmente, na nosa actividade industrial a través da mellora constante da eficiencia enerxética e o uso, cada vez maior, de enerxías renovables”, explica Leopoldo Cabrera, coordinador de Enerxía e Medio Ambiente no Grupo Lactalis Iberia.
A compañía calcula que en 2021 reducirá as súas emisións de CO2 á atmosfera un 10%, aforrando nun ano a emisión de 26.950 toneladas de CO2 ao ano, o que equivalería a retirar máis de 11.000 vehículos da circulación.
En 2020 a planta de Vilalba xa reduciu as súas emisións de CO2 en máis dun 4% con respecto a 2019, o que significa 420 toneladas menos.
A día de hoxe, o Grupo Lactalis está a explotar novas vías para seguir traballando na descarbonización progresiva da súa actividade industrial a través de instalacións fotovoltaicas nas cubertas ou terreos das súas plantas de Villarrobledo, dedicada á elaboración de queixos nacionais (cun consumo de 2,3 MWp), e de Granada, dedicada á produción de leite (cun consumo de 3,13 MWp).
A pesar da complexa loxística que entraña a súa actividade, a compañía traballa constantemente na optimización das súas rutas de transporte, cun dobre obxectivo: reducir as emisións de CO2, ademais de ser economicamente eficiente. Coa utilización de megatrucks e camións alixeirados propulsados con gas licuado, entre outras iniciativas como un Transport Management System, Lactalis conseguiu en 2020 aumentar a capacidade transportada por viaxe, cun cociente de 63 litros de leite transportado por cada quilómetro e reducir a súa pegada de carbono, co aforro de 800 toneladas de emisións de CO2 á atmosfera.
A aposta pola economía circular
Lactalis inviste importantes recursos en I+D+i para mellorar constantemente a sustentabilidade e o proceso de reciclaxe dos seus envases, esenciais para garantir a seguridade alimentaria e preservar a calidade dos produtos. Actualmente, traballa na incorporación progresiva de PET reciclado nas botellas de leite co obxectivo de que antes do ano 2025 teñan, como mínimo, un 30% de material reciclado, así como tamén de plásticos reciclados nos seus films de agrupación de leite e queixos. Hoxe xa teñen un 30% de plástico reciclado e a compañía comprometeuse a chegar ao 50% en 2021.
Lactalis potencia, cada vez máis, a liña de iogures e sobremesas en envase de vidro, un material circular e infinitamente reciclable.
Outras iniciativas destacadas son a migración dos briks a bio-based, un envase de cartón 100% reciclable elaborado con materias primas de orixe vexetal (86%) e renovable e a incorporación de tapóns atados en todos os nosos briks e botellas para evitar que estes non se reciclen adecuadamente e evitar así o impacto ambiental, especialmente o producido nos océanos.
Ademais, Lactalis traballa de maneira continua na substitución do plástico de fonte fósil nos tapóns de leite, por outros materiais, como a cana de azucre, o que contribúe a unha redución das emisións de CO2 nun 18%. Grazas a estes esforzos, Lactalis conseguiu aforrar 275 toneladas de plástico e 170 de papel entre 2016 e 2020.
Sobre o Grupo Lactalis
Fundada en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 85.000 colaboradores, opera en máis de 266 centros de produción en todo o mundo, está presente en 94 países e o seu propósito é ofrecer a diario produtos saudables e saborosos que nos unen. En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.400 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.200 gandeiros. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, O Castelo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.