Plan de formación de Fearmaga para as pemes do sector forestal de Galicia

Entre as súas novidades, a oferta formativa inclúe un curso de xestión empresarial centrado en contratación e facturación e aplicado ás características e xestións habituais das empresas do sector

Plan de formación de Fearmaga para as pemes do sector forestal de Galicia

A Federación empresarial de serradoiros e rematantes de madeira de Galicia – Fearmaga, puxo en marcha o seu Plan de Formación 2023, co obxectivo de dar resposta ás necesidades formativas das empresas da industria forestal de Galicia e alcanzar unha maior profesionalización, produtividade e competitividade do sector. A oferta formativa conta cun total de 110 prazas dispoñibles, ampliables segundo a demanda dos distintos cursos especializados.

O plan formativo púxose en marcha no mes de xaneiro coa celebración dunha nova edición do curso “Posta en marcha e mantemento da motoserra”, centrado no correcto uso e mantemento desta maquinaria. O curso, que finaliza o próximo fin de semana, conta con recomendacións para a prevención de riscos laborais, debido aos riscos asociados ás tallas e ás actuacións con motosierras.

A planificación formativa inclúe tamén un curso sobre “Realización de inventarios de vexetación” que comeza esta semana e incluirá prácticas de reformulo de parcelas de mostraxe, medicións e inventario de parcelas.

Curso sobre `Manexo e mantemento de procesadoras forestais”

Pola súa banda, o curso “Manexo e mantemento de procesadoras forestais” mostrará aos participantes durante tres sesións no mes de febreiro o correcto uso e mantemento deste tipo de maquinaria forestal. A formación inclúe diferentes sistemas de programación, medición e corte e un apartado específico centrado en prevención de riscos laborais.

A oferta do Plan formativo complementarase con accións formativas de carácter transversal, como o curso “Formación nos Tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”. O curso, que conta cunha gran acollida por parte dos profesionais do sector, celebrarase en dúas sesións e centrarase no uso de aplicacións para smartphones que permiten avanzar na automatización e xestión dixital dos traballos forestais.

Novos cursos para facilitar a xestión da actividade forestal

Como novidade nesta edición, Fearmaga presenta unha nova formación en “Métodos de xestión empresarial” dividida en dous módulos independentes especializados en contratación e facturación. O obxectivo do curso é ofrecer ás empresas formación e práctica en xestións habituais para as empresas do sector, como os principais contratos de compravenda no sector da madeira, recomendacións para contratar, aspectos esenciais das facturas, erros máis comúns ao emitir facturas ou a xestión de impostos.

Os profesionais interesados en participar nestas accións formativas poden consultar o programa e calendario destas xornadas no apartado de Formación da web de Fearmaga: www.maderasdegalicia.com

O Plan de formación sectorial de Fearmaga desenvólvese coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), adscrita á Consellería de Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información