A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A piques de saír ao mercado o primeiro bioestimulante galego elaborado a partir de algas

Dentro do proxecto Bio_Marterra, a empresa Porto Muíños ultima os detalles administrativos e técnicos dun produto que mellorará o rendemento das plantas de horta, as patacas e os viñedos con algas autóctonas de Galicia

Publicidade
Publicidade

Imaxe algas mariñasA emprega galega Porto Muíños ten previsto sacar próximamente ao mercado o primeiro bioestimulante elaborado a partir de algas de Galicia.  A firma, especializada na transformación de algas para alimentación humana, participa no  grupo operativo Bio_Marterra, que se marca como obxectivo precisamente o de elaborar, a partir dos descartes das algas das costas galegas que emprega, produtos bioestimulantes e con actividade antifunxica para empregar nas hortas e nos cultivos de videiras e patacas.

Froito desas investigacións, xa se está a piques de producir para o mercado o primeiro bioestimulante que comercializará a empresa. Máis adiante prevén sacar outra liña de bioestimulantes e outra de produtos funxicidas. Antonio Muiños e Manuela Buján, Xerente e membro do departamento de I+D+i da empresa, respectivamente, explican que os bioestimulantes son produtos que promoven os procesos naturais das plantas para mellorar a asimilación e eficiencia dos nutrientes que absorben. Ademáis estes compostos naturais xeneran tolerancias a estreses abioticos e bióticos que se presentan no desenvolvemento dos cultivos, o que fai incrementar a produción e a calidade dos vexetais que chegan os consumidores. Dende Porto Muiños explican que a investigación comenzou co estudo de 10 variedades de alga e 7 fórmulacións diferentes de elaboración.

“O futuro da produción de algas en Galicia pasa polo seu cultivo e non pola recolección directa do mar” Antonio Muiños Insua, Porto Muíños 

De cara a acadar os obxectivos fixados en Bio_Marterra, Buján sinala que hai que incidir nas especies de algas, nos métodos de extracción dos compoñentes que serán de utilidade e os contidos mínimos deses compoñentes que haberá que incluir en cada un dos elaborados. E tamén facer unha análise comparativa dos resultados con bioestimulantes que xa existen no mercado pero que se elaboran de xeito diferente, con outras materias primas. ou cun uso de algas moi reducido.

Un dos obxectivos últimos do grupo operativo é crear unha nova fonte de riqueza para as comarcas costeiras galegas, que viría da man das algas. Actualmente hai cinco proxectos empresariais de tamaño medio que comercializan algas en diferentes formatos e para diferentes usos. E moitas confrarías de pescadores e mariscadores inclúen xa entre as súas actividades a recolección de algas para servirllas á industria. En Porto Muíños procesan anualmente unhas 400 toneladas de algas, das cales máis do 95% proceden da recolección directa. Pero entre esas algas recollidas veñen variedades que non teñen valor para o consumo humano e, entre as válidas, só se aproveita unha parte. Polo tanto, os proxectos nos que traballa o grupo operativo Bio_Marterra servirían para dar valor económico a eses descartes e, así, afondar na economía circular e a sustentabilidade.

“En canto os modelos de bioestimulantes elaborados e probados en campo hai un dos modelos nos que se están a facer xa os últimos traballos antes de saír de saír o mercado, e esperamos ter todo listo para a data de finalización do proxecto”, avanza Manuela Buján. 

Resultados prometedores en horta e viña

En canto aos resultados dos ensaios realizados ata agora, a responsable de I+D de Porto Muiños avanza que “son prometedores. En laboratorio estamos a ver respostas moi positivas e claras en relación a estreses que poden sufrir os cultivos como falta de auga, exceso de calor ou salinidade no solo, segundo a información facilitada polos investigadores do Campus Terra-USC. Tamén, dende a Misión Biolóxica de Galicia (Grupo VIOR) detectaron respostas positivas dalgún modelo de forma moi clara sobre o control do mildiu en viñedo. En campo, os resultados dos ensaios realizados en leituga comercial, algunhas variedades de pemento, e patacas son positivos, mellorando o rendemento dos cultivos. E en tomate estase a observar un beneficio nos plantóns cando estes se aplican en rego. Imos avanzando no coñecemento da resposta dos cultivos a estos productos”.

En todo caso, subliña que “os bioestimulantes non son abonos, senón que axudan as plantas a enfrentarse a estreses abióticos ou bióticos, como enfermidades ou maior resistencia á calor ou á salinidade”.

Unha boa valoración que comparte Néstor Liñares -de Horta da Lousa-, que colabora no proxecto, probando nos seus terreos algas como fertilizante. 

O horticultor explica que o uso foliar de bioestimulantes nos seus bancais favoreceu o aumento de produción e mesmo a calidade e peso das hortalizas (leituga e cebola) e que eso foi algo que notaron a simple vista, incluso antes de que se fixeran as medicións a cargo dos técnicos do proxecto Bio_Marterra. Lembrou tamén que as marxes de beneficio no sector da horta son das consideradas baixas en agricultura -con entre un 5% e un 10%- polo que contar con ferramentas como os bioestimulantes a base de algas e os resultados que están a obter pode significar a diferencia entre beneficio e perda.

Financiamento

O Grupo Operativo BIO_MARTERRA está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Orzamento total BIO_MARTERRA: 179.634,83 euros (100% subvencionado).

FEUGA BIOMARTERRA LOGOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información