A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Pioneer aposta polo inoculante 11GFT para mellorar a dixestibilidade dos silos tardíos

O retraso no ensilado da herba a causa das choivas provocará perdas de calidade que son en parte inevitables. Os silos perderán proteína e dixestibilidade, pero o produtor ten a posibilidade de optimizar os seus ensilados cun innovador inoculante de Pioneer, o 11GFT, da gama ‘Fiber Technology’, que desbloquea parte da celulosa e da hemicelulosa que permanecía bloqueada pola lignina.

Este inoculante permite así un mellor aproveitamento da forraxe polas vacas. Deixámosvos a continuación unha nota técnica de Pioneer que explica o funcionamento do inoculante.

imaxe fiber tecnology

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *