‘Pino de Galicia’ posiciónase no mercado da edificación coa súa participación na feira Rebuild (Ifema), o principal evento estatal do sector

A marca de garantía, promovida pola Fundación Arume, comezará a funcionar este outono. O obxectivo do novo selo é estandarizar a clasificación dos produtos de primeira e segunda transformación da madeira que ofrecen as empresas galegas, así como certificar a súa calidade

Reconstrucción de vivienda unifamiliar en Carballeda de Avia  (Ourense) con madeira de piñeiro.  Proxecto de MOL Arquitectura. Fotografía: Héctor Santos-Díez

Reconstrucción de vivienda unifamiliar en Carballeda de Avia  (Ourense) con madeira de piñeiro. Proxecto de MOL Arquitectura. Fotografía: Héctor Santos-Díez

‘Pino de Galicia’, a marca de garantía que está a impulsar a Fundación Arume, participará entre o 21 e o 23 de setembro na feira Rebuild (Ifema, Madrid), o principal evento estatal do sector da edificación e arquitectura avanzada. En Rebuild, Pino de Galicia contará cun stand propio e ofrecerá dúas ponencias técnicas de presentación orientadas ó público profesional da feira, entre o que figuran arquitectos, constructores e promotores.

Coa participación en Rebuild, ‘Pino de Galicia’ posiciónase no mercado da edificación, un mercado potencial de valor para as empresas galegas, que xa están a elaborar produtos técnicos orientados á construción, como vigas laminadas, madeira termotratada para fachadas ou CLT (Cross laminated timber), a parte das liñas tradicionais para interiores (tarimas, frisos, paneis, etc.) e doutros produtos de aserradoiro.

O selo Pino de Galicia, que se implantará este outono no mercado, ofreceralle ás empresas consumidoras unha clasificación técnica estandarizada dos produtos de primeira e segunda transformación da madeira, con certificación da súa calidade.

Pino de Galicia garantirá ademais a orixe, trazabilidade e certificación forestal (FSC / PEFC) tanto dos produtos rematados de primeira e segunda transformación como da materia prima que sae do monte (madeira en rollo).

Coa asistencia a Rebuild, que se anticipa ó próximo lanzamento da marca de garantía, Pino de Galicia dáse a coñecer nun mercado, o da edificación, que se considera estratéxico de cara ó futuro, pois construtores e arquitectos están á procura de materiais sostibles e industrializables, cunha sinxela montaxe en obra, requerimentos que cumpren os produtos amparados por Pino de Galicia.

A marca de garantía ofrecerá en Rebuild unha ponencia na que detallará a súa normativa técnica e os produtos amparados, así como outra charla na que explicará a orixe do recurso forestal de Pino de Galicia e as características da súa xestión sostible en monte. A participación de Pino de Galicia en Rebuild conta co apoio de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.

Sobre a Fundación Arume

A Fundación Arume, impulsora da marca de garantía Pino de Galicia, é unha entidade declarada de interese galego que está integrada polo conxunto do sector forestal da comunidade. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento do piñeiro en Galicia, para o que traballa en catro liñas estratéxicas: silvicultura e restauración ambiental, mellora xenética, formación e marca.

O padroado da Fundación Arume está composto por representantes de toda a cadea de valor da madeira:

Asociación Monte Industria
Asociación Forestal de Galicia (AFG)
ABANCA
Asociación de Viveros Forestales de Galicia (VIFOGA)
Federación de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (FEARMAGA)
Asociación Sectorial Forestal Gallega (ASEFOGA)
Clúster de la Madera y el Diseño de Galicia
Asociación de la 1º Transformación de la Madera de Lugo (LUGOMADERA)
Asociación de Empresas de Servicios Forestales de Galicia (SERFOGA)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información