A organización Unións Agrarias vai solicitar ao Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite (LIGAL), no que está representada xunto con outras organización agrarias, representantes da industria láctea e da Xunta, que non se teñen en conta as mostras recollidas onte e hoxe polas industrias nas explotacións lácteas no relativo ás análises bacteriolóxicas.
“Realizamos esta petición ante as evidentes dificultades das granxas para manter a cadea de frío debido ao apagón eléctrico”, asegura o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.