Piden que non peche o Museo do Campo, en Silleda

Adica 4.000 metros cadrados ao agro e auguran o seu peche pola falta de apoios que o manteñan en activo

Piden que non peche o Museo do Campo, en Silleda
Manuel Iglesias, director do Museo do Campo de Silleda, cun dos modelos de tractor Barreiros exposto

Manuel Iglesias, director do Museo do Campo de Silleda, cun dos modelos de tractor Barreiros exposto

A Fundación Campo Galego pide ás Administracións que o Museo do Campo e da Mecanización non teña que pechar as súas portas por falta de apoios que o manteñan funcionando. Segundo explica o seu director, Miguel Iglesias, a situación agravouse no 2025 xa que “durante todo o ano non puidemos firmar convenio con ningunha Administración”.

No ano 2019 abría as súas portas na localidade de Silleda este museo que adica ao agro 4.000 metros cadrados de exposición. Impulsado pola Fundación Campo Galego, da que hoxe forman parte un total de seis promotores, loita por manterse en funcionamento coa única colaboración “dos que estamos implicados no mantemento do día a día porque queremos que non se peche”, explica Iglesias. “Necesitamos unha colaboración para seguir adiante”.

Para o director deste museo, o que contén “ten moito valor, polas pezas únicas das que dispoñemos”, pero tamén “ten ese outro valor incalculable que fala dos nosa orixe, de onde vimos e onde chegamos”. De feito, “a xente que ven visitalo, marcha sorprendida”, asegura.

O museo de Silleda conta coa única colección en España que contén todos os modelos de tractor que sacou ao mercado a firma Barreiros

A Fundación Campo Galego quere dar conta da importancia de ter posto en funcionamento este museo fai seis anos, e da necesidade de que continúe adiante coa axuda das Administracións, por tratarse dunha homenaxe á agricultura e á gandería de Galicia desde a época da prehistoria.

O obxectivo principal do museo é amosar as orixes do pobo galego que ao longo da historia viviu do traballo da terra. Conta cun espazo adicado aos Barreiros e ten todos os modelos de tractor que a firma Barreiros comercializou durante 20 anos, o que o convirte no único de España cunha colección destas características.

A Fundación Campo Galego logrou poñer en marcha o museo, logo de máis de tres anos de traballo. Esta fundación está composta por seis patronos, o Concello de Silleda, Abanca e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (Agamac), e tres persoas a título persoal, entre elas, o propio director do museo.

En Galicia existe tamén o Muvicla, situado en Láncara e adicado á mecanización agrícola

Non é o único museo adicado en Galicia á mecanización agrícola, xa que está tamén o Muvicla en Láncara, aberto antes do museo de Silleda, con 5.000 metros cadrados de exposición e que ten a cualificación de centro museístico desde o ano 2021. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información