Piden que a lei de animais domésticos diferencia cans de compaña dos de traballo no rural

Unións Agrarias reuniuse con representantes da Mesa pola Caza de Galicia para analizar o anteproxecto da nova lexislación. A organización é partidaria de que os cans de custodia do gando e os de caza teñan un trato diferente, a fin de evitar posibles sancións

Piden que a lei de animais domésticos diferencia cans de compaña dos de traballo no rural

Unións pide un trato diferente para os cans que traballan co gando.

O anteproxecto da Lei de benestar de animais domésticos, deseñado pola Xunta, preocupa a diversas organizacións do rural, que piden cambios para diferenciar os animais de compaña dos animais de traballo no rural. Unións Agrarias advirte de que, con ese proxecto de lei na man, as explotacións que teñan mastíns para defenderse de ataques do lobo poderían ser sancionadas por poñer en risco a vida do animal.

A organización agraria, que mantivo recentemente unha reunión coa Mesa pola Caza de Galicia, entende que os cans de traballo no rural deben ter un trato específico, en particular os animais dedicados ó coidado ou ó traballo co gando e tamén aqueles que participan en actividades cinexéticas ou simplemente na custodia de instalacións.

Unións considera que os cans enfrontan no rural situacións de risco que non se poden evitar, como a defensa dos rabaños de ataques de depredadores ou a participación en batidas de xabarín. A organización sinala as batidas como imprescindibles para manter o equilibrio da poboación de xabarín e para evitar un exceso de danos sobre a agricultura.

Desde Unións tampouco son partidarios de penalizar o intercambio de cachorros, feito entre profesionais e sen ánimo de lucro, pois é unha práctica convinte para evitar problemas de consanguinidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información