Piden o aprazamento do Censo Agrario 2020 ata rematar o estado de alarma

O Sindicato Labrego advirte de que é obrigatorio cubrir a enquisa, polo que solicítalle ó Instituto Nacional de Estadística que amplíe o prazo de 15 días, pois non se trata dun asunto de urxencia

Piden o aprazamento do Censo Agrario 2020 ata rematar o estado de alarma

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido ao Instituto Nacional de Estatística (INE) pedíndolle que se adíe a realización do Censo Agrario 2020 até que remate o estado de alarma. A organización agraria entende que é imposible cubrir a enquisa nos quince días habilitados para tal fin, “xa que a súa complexidade obrigará a moitas persoas a ter que recorrer a asesores aos que, en moitos municipios confinados, non poderán acudir”.

Desde o Sindicato Labrego lembran que por lei é obrigatoria a entrega do Censo cuberto, pero consideran que non existen motivos que xustifiquen a urxencia da recompilación destes datos.

Nas últimas semanas, o INE estivo remitindo cartas ás explotacións agrarias cominándoas a cumprimentar o Censo Agrícola 2020, algo que é obrigatorio e se ordena cun prazo improrrogable de quince días. O Sindicato Labrego sinala que se trata dun formulario dificultoso de cumprimentar, debido á súa extensión (12 páxinas) e á grande cantidade e especificidade dos datos solicitados. Por iso solicita un aprazamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información