Piden a convocatoria do Consello Agrario Galego

O Sindicato Labrego mostra a súa preocupación polo futuro da Política Agraria Común (PAC) e polas doenzas que ameazan ás granxas

Piden a convocatoria do Consello Agrario Galego

Un momento da reunión de xullo entre a Consellería e as organizacións agrarias.

“O 29 de xullo, a Consellería de Medio Rural comprometíase a convocar en setembro o Consello Agrario e crear unha comisión específica de traballo sobre temas da PAC. Estamos a día 7 de outubro e aínda non se convocou o Consello”, reclama Brais Álvarez, apicultor e integrante da Executiva do Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas (SLG-CCLL).

Álvarez foi un dos participantes na reunión para abordar os impactos da futura PAC 2028.2034. “Pedimos que a Consellería cumpra coa convocatoria do Consello Agrario, como lle corresponde por lei, e que esta conselleira nunca convocou”, sinala Álvarez. “Unha das funcións que ten o Consello Agrario é establecer e crear grupos de traballo para afrontar diversas problemáticas que poida haber no agro, e agora mesmo non está funcionando con vontade integradora por culpa da Consellería”, denuncia.

Dende o Sindicato esixen dita convocatoria para tratar, de forma inmediata, cuestións moi relevantes para o sector como é a Política Agraria Común (PAC), e vixencia de doenzas que ameazan ás granxas galegas, como a Dermatose Nodular Contaxiosa ou Lingua Azul, entre outras. “A situación é moi preocupante”, opina Álvarez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información