Piden ao Ministerio que facilite aos agricultores a comercialización das súas propias sementes ecolóxicas

Publicidade
Piden ao Ministerio que facilite aos agricultores a comercialización das súas propias sementes ecolóxicas

A organización agraria Unión de Uniones na reunión mantida este martes coa Subdirección Xeral de Medios de Produción Agrícola e Oficina Española de Variedades Vexetais, Subdirección Xeral de Calidade e Sustentabilidade Alimentaria e Subdirección Xeral de Control da Calidade Alimentaria e Laboratorios Agroalimentarios, trasladou a problemática que teñen os agricultores, producindo e intercambiando o seu propio material vexetal.

Unión de Uniones resaltou o Regulamento UE 848/2018 de produción agroalimentaria ecolóxica sobre o intercambio de sementes e material vexetal, a partir do 1 de xaneiro de 2022, debido a que exceptúa o material heteroxéneo ecolóxico de seguir a normativa comunitaria de rexistro e comercialización de material vexetal.

Neste sentido, a organización pide que se teña en conta esta especificidade na tramitación do novo real decreto que regula os operadores de material vexetal.

“A normativa actual de intercambio de sementes favorece ás empresas e prexudica ao agricultor”

Unión de explica que a normativa actual de rexistro e comercialización de material vexetal facilita e protexe as empresas que se dedican a producir e comercializar material vexetal, pero impide o intercambio de sementes e demais material vexetal entre agricultores. Unha das características do material vexetal rexistrado para a súa comercialización é que supón un maior uso de insumos debido a que son variedades máis produtivas, pero máis dependentes do uso de fertilizantes fitosanitarios e auga, á vez que fomenta unha perda de biodiversidade. Segundo distintos expertos, a longo do século XX perdeuse máis do 75% da diversidade xenética de cultivos.

Unión de Uniones móstrase crítica coa situación actual, alertando que de non modificarse o Estado estaría a ir en contra da estratexia de biodiversidade acordada por Europa e dos acordos internacionais que asinou España como o Protocolo de Nagoya ou o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, que entrou en vigor o ano 2014, e que o  propio Ministerio recoñeceu que non se desenvolveu suficientemente en España.

Union de Uniones emprazou ao Ministerio a porse ao labor para establecer os mecanismos legais que dean cobertura ao intercambio de sementes e material vexetal por parte dos agricultores, usar a xanela que abre a normativa comunitaria para facilitar este intercambio no sector ecolóxico, acelerar o cumprimento en España do Convenio sobre Diversidade Biolóxica e establecer os mecanismos necesarios para evitar a biopiratería nas mostras de material vexetal e semente que os agricultores que queiran comercializar material vexetal heteroxéneo ecolóxico deberán enviar ao Ministerio.

Finalmente, Unión de Uniones lamentou a posición que defende España en Europa para evitar que os novos OMG teñan que cumprir a normativa de transxénicos. “Está a defenderse sen contar coa opinión dos agricultores nin dos consumidores, defendendo só os intereses da agroindustria”, sinalaron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información