A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Phytogrape, a nova xeración de produtos naturais para a hixiene no muxido

Savelo Química Verde, fabricante galego especialista en hixiene animal, presenta Phytogrape, unha liña elaborada a partir de polifenois extraidos da uva. Os produtos destacan polas súas capacidades antioxidantes e antibacterianas

Phytogrape apaisada

O coidado do ubre da vaca na fase de muxido é un punto chave para a axeitada xestión sanitaria dunha granxa. Coa liña Phytogrape, de uso en pre e post-dipping, pódese ir un paso máis aló do habitual, xa que ademáis de destacar polos esperados efectos antibacterianos e antiinflamatorios, un dos resultados diferenciais de Phytogrape está no efecto rexenerativo e de coidado da pel do ubre, “que se aprecia en poucas semanas”, segundo destacan desde Savelo, o fabricante galego que desenvolveu a gama Phtyogrape en colaboración coa Universidade de Santiago (USC).

A liña de produtos Phytogrape, apta tamén para gandería ecolóxica, incorpora como principal sustancia activa extractos de uva, en particular os polifenois, que é sabido que teñen un efecto antibacteriano, unha propiedade que a USC foi quen de certificar. “É un produto natural 100%, libre de desinfectantes sintéticos, que funciona na protección e coidado dos tetos e, por tanto, na prevención de enfermidades como a mamite, mellorando o benestar e o manexo”, explican desde a casa fabricante.

Copa aplicadora.

Copa aplicadora.

“Os polifenois son sustancias utilizadas polos vexetais para protexerse dos insectos, da radiación solar e de fenómenos meteorolóxicos. Como esperabamos, o seu uso nunha concentración axeitada, e seguindo uns protocolos apropiados, demostrou tamén uns resultados óptimos na protección dos tetos.”, explican. Froito do proxecto conxunto con Savelo, a USC puido patentar a nivel internacional estes extractos da uva.

Phytogrape, tras catro anos de desenvolvemento, saiu ó mercado no outono de 2018, e só uns meses despois foi galardoado como ‘Mellora técnica 2019’ na Feria Internacional de Ganadería (Figan) de Zaragoza, o principal certame gandeiro do sur de Europa.

Os seus primeiros meses de vida comercial confirmaron a potencialidade da gama. “Co seu uso, a parte de mellorar en comodidade, o granxeiro recoñece ás poucas semanas melloras substanciais na pel dos tetos, sen perder nada da eficacia hixiénica dos máis senlleiros produtos deste mercado.”, salientan desde a distribución comercial de Phytogrape para Galicia.

Gama completa de Phytogrape

Phytogrape

  • Ubrefoam: espuma activa seca pre-dipping para o lavado e coidado dos tetos. Emprégase mediante copa aplicadora, mergullando completamente os tetos, deixando actuar durante 30 segundos e retirando os restos cun servicio de papel para ubres. Cómpre destacar a eficacia desta espuma para a escasa cantidade de produto que supón a súa aplicación, segundo subliña o fabricante. Está indicado para vacas, ovellas e cabras.
  • FreeGreen: solución post-dipping. Úsase en copa aplicadora, mergullando as dúas terceiras partes dos tetos, creando unha capa protectora, máis espesa na parte baixa do teto, pero sen goteos. Ademais ten efecto repelente de insectos. Está indicado para vacas.
  • PoliGreen: solución post-dipping para robots. Pódese empregar mediante pulverización automática ou pistola. Tamén se pode usar en copa aplicadora, mergullando as dúas terceiras partes dos tetos. Igual que o anterior, ten efecto repelente de insectos. Está indicado para vacas, ovellas e cabras.

Pediluvio para a hixiene de pezuños
Dentro da mesma gama, encádrase un produto para hixiene de pezuños, o Phytogrape pediluvios, caracterizado igualmente pola súa composición natural, sen desinfectantes sintéticos nin formol. Tamén ten un efecto repelente de insectos. Úsase mediante baño, no que se mergullan os cascos nunha solución de auga ó 5-10%. Está indicado para vacas, ovellas e cabras.

Rendibilidade
Polo tanto, Phytogrape sitúase como un produto natural premium, dentro dun mercado dominado por desinfectantes sintéticos, pero non deixa de competir con eles por rendibilidade económica: “A filosofía de Phytogrape, unha vez desenvolta e testada a eficacia dos seus principios activos, foi a de formular o produto de xeito que se optimizase o seu uso a través da aplicación das cantidades mínimas suficientes, logrando así un alto rendemento económico por medio de menores consumos”, segundo destaca o fabricante.

Patente internacional
O principio activo de Phytogrape está certificado pola USC polo súa actividade antimicrobiana fronte a bacterias Gram+ e Gram– , como a E.Coli e a S. Aureus.

Ademais, no proceso puidéronselle potenciar efectos complementarios, “coma os xa citados de mellora na pel ou a repelencia de insectos, que son valores diferenciais da hixiene Phytogrape”, explican non sen certo orgullo desde a casa fabricante.

Contacto comercial

logo sil miniatura

  • José Manuel Martínez: 623 19 28 43

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *