O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas aprobou este venres por unanimidade o rogo presentado polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para que a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), fixe de maneira oficial os custos mínimos de produción de uva dentro da DO antes da próxima vendima.
O obxectivo é que as viticultoras e viticultores poidan negarse a asinar ou denunciar contratos de compravenda por debaixo deses mínimos, garantindo así que non se vende a perdas.
José Antonio Presa, primeiro vogal do SLG no Consello Regulador, e CristinaCarrera,segunda vogal, presentaron o rogo en nome do sindicato ante o Pleno. Ambos destacaron que a aprobación por unanimidade supón un respaldo inequívoco da DO á demanda do sector produtor, e que agora “corresponde á Xunta de Galicia cumprir co mandato aprobado antes de que comece a campaña”.
Esta iniciativa enmárcase nunha traxectoria de mobilización do SLG en defensa das condicións económicas das viticultoras e viticultores. Nos últimos meses o sindicato veu denunciando publicamente “o desequilibrio estrutural que atravesa a DO: o aumento das hectáreas plantadas nos últimos anos levou á DO a unha situación na que as colleitas non paran de crecer”.
Ante este escenario, o SLG advertiu de que “esta situacion pode derivar nun descenso dos prezos percibidos polos produtores”. O trasfondo inmediato do rogo é o que culifican de “grave situación que vive o sector na véspera da vendima de 2026”. Na colleita de 2025 vendimiáronse 47,5 millóns de quilos de uva, case o volume que Plan Director da DO tiña previsto para o ano 2030.
Con todo,o Sindicato Labrego advirte de que “as vendas de viño cualificado non superaron os 27 28 millóns de litros, dez millóns por debaixo das proxeccións”. Diversas organizacións agrarias alertaron xa de que algunhas adegas estarían valorando non recoller uva de determinados produtores ou fixar rendementos por baixo do prego de condicións.
Para o SLG, estas prácticas “ on incompatibles coa Lei da Cadea Alimentaria de Galicia, que obriga á Consellería competente a promover prezos xustos que cubran sempre os custos de produción”. No mesmo Pleno tamén se deu a coñecer a calificación da añada 2025, que obtivo a valoración de moi boa.
Galego









Control OJD