A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Período de transición en vacas: axuda en preparto para un bo arranque en lactación

Fisioloxía do parto: un balance enerxético negativo é normal, pero crítico. Os suplementos de Crystalyx ofrecen apoio para a inxesta de enerxía, o metabolismo e a saúde do animal

Período de transición en vacas: axuda en preparto para un bo arranque en lactación

Ao redor do parto e durante as primeiras semanas de lactación, a inxesta de enerxía (a través da alimentación) é inferior ao gasto enerxético (en forma de leite, mantemento e crecemento). Durante esta fase, a vaca simplemente non pode consumir suficiente alimento para cubrir as súas necesidades.

O déficit enerxético pode compensarse utilizando as reservas de graxa corporal. Con todo, este proceso, que ten lugar no fígado, está fisiolóxicamente limitado. A sobrecarga do fígado conduce á excreción dos chamados corpos cetónicos (de aí o nome cetose).

Estes corpos cetónicos provocan unha perda de apetito, danos hepáticos (dexeneración graxa) e un enfraquecemento do sistema inmunolóxico. Iníciase un círculo vicioso e aumenta o risco de enfermidades secundarias, especialmente infecciosas.

Os efectos dun déficit enerxético sobre o sistema inmunolóxico fanse especialmente evidentes ao considerar as necesidades de glucosa para unha resposta inmunitaria tras unha infección. Unha resposta inmunitaria require en 24 horas a mesma cantidade de glucosa que a necesaria para producir 44 kg de leite. Isto explica a perda masiva de produción leiteira durante unha infección grave.

Consecuencias do déficit enerxético

Aumento do risco debido á cetose

Risco Impacto
Enfermedades das pezuñas 1,1 x
Desprazamento do abomaso 1,7 x
Hipocalcemia (febre vitularia) 9 x
Diminución da produción de leite 5,2 x
Intervalo de parto máis longo 5,2 x
Made with HTML Tables

Cetose por granxa:
• Cetose clínica: 3-5 %
• Cetose subclínica: Ata o 50 %

Conclusión: é necesario maximizar a inxesta enerxética no período de transición

Como podemos aumentar a inxesta de enerxía?

Aumentar a densidade enerxética da dieta:
• Posibilidade limitada

Aumentar a inxesta de materia seca:
• Confort da vaca
• Calidade da forraxe, dixestibilidade
• Ración
• Xestión da cama
• Estrés metabólico
• Suplementos alimenticios

imaxe 1 crystalyx

Apoio óptimo para a inxesta de enerxía, o metabolismo e a saúde con produtos Crystalyx, de eficacia probada

crystalyx precalver

PRE – CALVER. Para vacas secas e preparto
• Reforza a subministración de enerxía antes do parto: para un bo parto e arranque en lactación.


rumilyx

RUMILYX. Para o período de transción
• Estabiliza o metabolismo do rumen e favorece o sistema inmunitario, para unha transición estable á lactación cun equilibrio metabólico óptimo.


energy booster

ENERGY BOOSTER. Para a lactación
• Aumenta a inxesta de enerxía, para vacas sas e produtivas.


imaxe ultima

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *