Pepe Albela, creador da xenebra Nordés, inaugura en Vedra a experiencia enoturística da súa destilería

O mestre destilador da coñecida xenebra P.A./311 amosou a nova oferta de Destilerías Pepe Albela. As persoas visitantes poderán desfrutar das diferentes estancias nas que elabora cada un dos seus produtos, e mesmo da súa historia. Falamos con Pepe Albela para coñecer máis a súa motivación e a súa filosofía

Publicidade

As raíces de Pepe Albela e a súa paixón pola destilería levárono a diversificar o seu proxecto para ofrecer unha experiencia enoturística. Con ela, as persoas visitantes poderán desfrutar da contorna, dos tres sitios diferentes nos que elabora a súa xenebra, o ron e o whisky, ademáis de desfrutar dunha cata e dunha visita guiada. A inauguración desta iniciativa tivo lugar hoxe en Vedra, no lugar onde elabora a súa xenebra P.A./311. 

“Quería abrir unha experiencia que dalgunha maneira trasladase o que eu vivín; eu nacín entre alambiques, meu pai tiña unha destilería na zona do Ulla, e todo iso fíxome desenvolver unha paixón que agora quero trasladarlle á xente para que viva como facemos os produtos” explica Pepe Albela.

O seu produto máis recoñecido é a xenebra P.A./311 (chamada así polo seu nome, Pepe Albela, e o número de probas que fixo, 311), pero tamén desenvolveu un whisky e un ron. Unha das particularidades que reseña de todos eles é “que lembren dalgún xeito a Galicia”, sinala. Falamos con él para que nos detalle máis en que consiste esta experiencia e os produtos que a rodean.

https://youtu.be/-AOL-2W2kxM

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información