A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Pensos Canun lanza a súa nova web

A multinacional De Heus presenta unha nova páxina web para a súa liña de alimentación de cans e gatos. Xunto ao portal web, a firma tamén abre novas redes sociais

Pensos Canun lanza a súa nova web

A marca de alimentos para mascotas Canun, elaborada e comercializada pola firma De Heus, decidiu dar un novo salto dixital co lanzamento dunha nova páxina web, que pretende ser un punto de encontro centrado nos coidados e a nutrición de cans e gatos.

Trátase dunha renovación da canle de comunicación online, que vai acorde ao impulso dixital que De Heus está a realizar en todas as súas áreas de negocio. A compañía de nutrición animal quere ofrecer maior rapidez e proximidade no contacto cos seus clientes.

“É unha forma de achegarnos ás persoas que realizan a compra final, ofrecer información e responder ás súas dúbidas. Tamén cremos que é unha boa ferramenta para os nosos distribuidores, que traballan tódolos días prestando un servizo de proximidade repartidos por toda a xeografía nacional”, sinala Jaime Alcañiz, xefe de produto de distribución en De Heus.

Desde a compañía destacan que a web é o “escaparate” que demostra anos de traballo e mellora continua dos seus produtos e servizos. “Detrás desta nova web hai un gran esforzo en investigación de produto, especialización adaptada ás necesidades de cada etapa de desenvolvemento, grao de actividade do animal. Son décadas de experiencia traballando con expertos para obter as composicións máis equilibradas, que mellor protexen a súa saúde”, indica Alcañiz.

Os pensos Canun gañáronse a confianza de miles de consumidores. “Contamos cunha gran fidelidade por parte dos clientes, que cando descobren a calidade dos pensos Canun, repiten. Vemos que é unha área con gran desenvolvemento, na que queremos seguir medrando e chegar a máis fogares. Canun é unha marca moi recoñecida para a alimentación de cans de alto rendemento e queremos gañarmos do mesmo xeito a confianza doutros perfís de clientes”, valora.

Información directa

O novo espazo online ofrece información sobre o cinco gamas de produtos Canun: Súper premium, Premium, Medium, Económica e pensos Especiais. “Permítenos explicar esa innovación e valor engadido dos nosos pensos. Por exemplo, que a gama Brio de Canun emprega unha tecnoloxía revolucionaria para a elaboración das croquetas. Co proceso de extrusión selectiva e a adición de manteiga de panificación en frío, fabricamos a croqueta máis saborosa e irresistible do mercado”, detalla Jaime Alcañiz.

Doutra banda, a presenza online permítelles unha total transparencia á hora de detallar a composición dos seus produtos e facilitar a decisión de compra antes de chegar ao momento de venda. “Cada elemento do noso portafolio dispón da súa respectiva táboa de composición nutricional e de cantidades recomendadas polos nosos especialistas. Ademais, permítenos conectar a oferta coa demanda, indicando as tendas máis próximas nas que adquirir Pensos Canun”, destaca.

O lanzamento da nova web complétase coa apertura de contas en redes sociais. “Apostamos por ter presenza en Instagram e Facebook para retroalimentar unha comunidade de amantes dos animais que buscan unha nutrición avalada por expertos con décadas de experiencia. Actualizaremos o noso blog con contidos de actualidade e contaremos cunha sección de Consellos Canun cos que compartimos o noso coñecemento sobre a saúde e o benestar das nosas mascotas”, concretan desde De Heus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *