“Pazo Lalón”, da DO. Ribeiro, elixido mellor viño branco de Galicia, e “Ó Prómine Singular”, da Ribeira Sacra, mellor tinto

Publicidade

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a entrega dos premios das Catas de Galicia 2020.

Este ano os galardóns aos mellores viños de Galicia recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra) na categoría de tintos. Así mesmo, tamén se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais. O resto de galardóns entregá

ronse de xeito individualizado nas sedes dos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas debido ás medidas sanitarias pola covid-19.

Velaquí a listaxe de premiados:

PREMIADOS CATAS VIÑOS E LICORES 2020

Proceso de cata a cegas

Os gañadores de cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo durante cinco días -entre o 26 e 30 de outubro- por un total de 21 expertos, 14 deles encargados de valorar os viños e outros sete encomendados para as augardentes e licores tradicionais. Así, tras a criba inicial, este panel de profesionais tivo que escoller entre 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e entre outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas.

Ademais, no que atinxe aos viños, recolléronse e identificáronse as botellas participantes nas súas respectivas bodegas, envolvéndoas en material opaco e introducíndoas posteriormente nunha caixa selada para garantir que as catas fosen totalmente a cegas. Así, só quedaba visible o nome da categoría na que participaban e se se trataba de viño branco ou tinto. Con respecto ás augardentes e aos licores tradicionais, recolléronse as mostras en envases idénticos de 3/8 de litro, para que tamén resultase imposible recoñecelos e identificalos, asegurando a máxima rigorosidade e anonimato.

O sector vitivinícola galega representa a uns 13.400 viticultores e 479 adegas, capaces de xerar un valor económico anual que supera os 200 millóns de euros.

A entrega da distinción ao mellor viño branco de Galicia

Entrega da distinción ao mellor viño branco de Galicia, Pazo Lalón

Entrega do premio ao mellor tinto, “Ó Prómine Singular”,

Entrega do premio ao mellor tinto, “Ó Prómine Singular”,

O Pote de Ouro para augardentes e licores recaeu en Pazo de Señoráns

O Pote de Ouro para augardentes e licores recaeu en Pazo de Señoráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información