As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

A partir desta vindeira semana Galicia pagará 27 millóns de adianto das axudas da PAC

A partir desta vindeira semana Galicia pagará 27 millóns de adianto das axudas da PAC

A partires da semana que vén, a Xunta anuncia que a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) comezará a facer efectivo o pagamento do anticipo das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2022-2023. En total, serán preto de 27 millóns de euros que beneficiarán uns 6.200 gandeiros galegos. Estes importes corresponden ás liñas de vacas nutrices e de vacún de leite.

Ademais, dende Medio Rural avanzan que no vindeiro mes de decembro prevese realizar por parte do Fogga un novo pago de axudas directas, por valor de máis de 115 millóns de euros, onde van incluídas as axudas a vacún de carne, pago básico, pago verde, mozos e pequenos agricultores. Tamén se aboará o anticipo das axudas de desenvolvemento rural correspondente a zonas con limitacións naturais, por importe de 20 millóns de euros. Estes pagos beneficiarán, en conxunto, a máis de 25.000 agricultores e gandeiros da comunidade.

O Fogga, adscrito á Consellería do Medio Rural, efectuará o pago do 70% da axuda total no anticipo e do 90% nas axudas do saldo, o máximo establecido pola Comisión Europea.

Por provincias, Lugo é a máis beneficiada, con case 14 millóns de euros de anticipo. Séguenlle A Coruña, con arredor de 9 millóns de euros; Pontevedra, cuns 2 millóns e Ourense, con aproximadamente 1 millón de euros. Por concellos, o pontevedrés de Lalín, o lugués da Pastoriza e o coruñés de Mazaricos son os que teñen maior número de beneficiarios e importes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información