Parladoiros do ‘Mercado de la Cosecha’

Publicidade
Data inicio: 13/03/2015
Data fin: 13/03/2015
Lugar: Teatro Rosalía de Castro, La Coruña, España

O Teatro Rosalía da Coruña acollerá o venres 13 de marzo a partir das 17 horas a terceira edición dos Parladoiros, unha iniciativa que trata de divulgar iniciativas innovadoras desenvoltas no rural galego. O obxectivo principal dos Parladoiros é que emprendedores exemplares do rural teñan a oportunidade de compartir as súas experiencias con todos os interesados en coñecer de primeira man as súas propostas de traballo, que demostraron ter un valor engadido e diferencial.

A entrada ó evento custará 15 euros e a recadación destinarase integramente ó programa de apoio ó emprendemento agroalimentario da Fundación Juana de Vega. Entre os emprendedores que contarán este ano a súa experiencia figura Juan Carlos Mascato, de Esponjas Luffa, que contará como está obtendo esponxas de vexetais na comarca de Caldas. Tamén participará a firma Amorodo, especializada na conservación de froitas e hortalizas ecolóxicas en tarros de vidro; así como Alexandre Cendón, de Abella Lupa, que explicará o seu proxecto de produción ecolóxica do mel.

Os Parladoiros é unha iniciativa que se enmarca dentro do ‘Mercado de la Cosecha’, un proxecto promovido por Gadis, R e Estrella Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *