Nos próximos meses realizaranse 3 parladoiros nos que participarán os integrantes da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Nestas sesións, que están programadas para o 26 de outubro, 23 de novembro e o 21 de decembro, os integrantes falarán da súa filosofía de traballo e o manexo do gando e do territorio. Ao remate de cada un poderase desfrutar dunha degustación de produtos da RBTdM.
A rede de custodia agraria da reserva da biosfera Terras do Miño consiste nun marco de apoio mutuo e intercambio de ideas entre produtores e a AGCT, así como unha plataforma de divulgación dunha produción agraria que valora e respecta tanto o entorno natural como a calidade dos seus produtos.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo e os interesados poderán inscribirse no teléfono 628842835.