A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Para maximizar o rendemento do cultivo do millo, a aplicación de bioestimulantes é clave”

“Para maximizar o rendemento do cultivo do millo, a aplicación de bioestimulantes é clave”

Tras a sementeira do millo, chega o momento de ser previsores e ofrecer coidados específicos para o cultivo nas súas primeiras etapas de crecemento. Neste artigo, abordamos con Ana Martínez, directora técnica de produción vexetal adxunta de Delagro, as vantaxes de aplicar bioestimulación foliar que axude á planta a facer fronte a posibles situacións de tensións e a maximizar o seu desenvolvemento e rendemento grazas a un mellor aporte nutricional.

Son moitos os factores que poden impedir un correcto desenvolvemento da planta de millo, e moito o que está en xogo respecto dos resultados da colleita. Poder proporcionar ao cultivo as ferramentas para facer fronte a condicións adversas, permítenos evitar que as plantas cheguen a padecer situacións limitantes que ocasionen unha perda de rendemento.

“A tensión da planta pode deberse a factores ambientais como a falta de auga pero tamén pode vir provocado por desequilibrios na nutrición do solo. O primeiro que temos que ter claro, mesmo antes do momento da sementeira, é a importancia de que o solo estea equilibrado e que posúa todos os nutrientes necesarios, polo que é altamente recomendable levar a cabo analíticas da terra coas que detectar posibles carencias. Noutras palabras: se a terra está mal equilibrada partimos dunha base que vai impedir que a planta poida despregar todo o seu potencial produtivo, a mellor variedade nun solo desequilibrado convértese nunha variedade común”, explica Ana Martínez, directora técnica de produción vexetal adxunta de Delagro.

Unha vez teñamos identificadas as características e as necesidades do solo e do cultivo, é momento de seleccionar que tipo de produtos podemos utilizar en función dos posibles desequilibrios detectados e os requirimentos específicos de cada etapa de crecemento. “Existe unha gran variedade de produtos destinados á nutrición foliar do cultivo e que nos permiten axudar á planta a facer fronte a factores bióticos e abióticos que dificultan a evolución óptima do cultivo, e que ademais son respectuosos co medioambiente”, aclara Ana Martínez.

Melloran os bioestimulantes a estrutura do solo?

Á pregunta, ¿poden os bioestimulantes mellorar a estrutura do solo? Sen ningunha dúbida, existe un efecto positivo dos bioestimulantes nas propiedades biolóxicas da terra, nas actividades encimáticas e no incremento da biomasa bacteriana e fúnxica do mesmo. Prodúcese tamén un aumento da bioactividade que permite transformar os nutrientes orgánicos en formas minerais dispoñibles para as plantas, máis rapidamente, aumentando o aproveitamento dos nutrientes dispoñibles no solo.

Por que é tan importante previr que se alcancen situacións de estrés? Así o explica a directora técnica de produción vexetal adxunta de Delagro: ”Ante a falta de auga, as xeadas ou altas temperaturas, a planta non aproveita todos os nutrientes que ten o solo e isto pode comprometer os resultados da colleita. Por iso é polo que é fundamental poder evitar que se produzan estes episodios, maximizando a eficiencia e eficacia nutricional para a planta a través da prevención”.

“En Delagro queremos ofrecer a gandeiros e agricultores das nosas cooperativas socias solucións que lles axuden a incrementar a produtividade dos seus cultivos, por iso dispomos de produtos innovadores que teñen como obxectivo protexer á planta nas súas primeiras fases de crecemento ante posibles agresións externas e desta forma propiciar un bo desenvolvemento vexetativo. Se a planta se desenvolve máis forte e máis sa a conclusión é que vai producir máis e de mellor calidade. Máis produción de boa calidade tradúcese nunha maior rendibilidade por hectárea para o gandeiro”, detalla Ana Martínez.

bioestimulantes fertilizantes DELAGRO

Oferta de Delagro en produtos nutricionais de aplicación foliar para millo

Un exemplo destes produtos, que ademais supoñen unha novidade no mercado, son os nutricionais foliares de Yara e de Ascenza. “En xeral, son produtos de aplicación foliar que se caracterizan por ser respectuosos co solo e o medio ambiente, supondo un gran avance ao ofrecer produtos novos e sustentables que complementan o uso de fertilizantes convencionais. A súa función é pór a disposición das plantas os nutrientes principais para que desenvolvan todo o seu potencial e poidan facer fronte á tensión abiótica á que se ven sometidas”.

“Achegar extractos de algas demostrou ser un recurso moi valioso para activar os mecanismos naturais de defensa da planta, beneficios observados no crecemento, a sanidade e o rendemento dos cultivos e que se atribuíu en parte á subministración de nutrientes esenciais pola degradación da materia orgánica e á mellora das características do solo. As algas en xeral, e especialmente Ascophyllum nodosum, son especies con elevado contido en fibra, macro e microelementos, aminoácidos, vitaminas e fitohormonas. Este é o caso do bioestimulante Folivex de Ascenza e o bioestimulante Biotrac de Yara con tecnoloxía Biotryg, que conseguen que as plantas estean máis fortes e sexan menos susceptibles fronte a posibles ataques de pragas e enfermidades”.

“Yara ofrece tamén os seguintes produtos deseñados tecnicamente co obxectivo de achegar valor; YaraVita LAST N, formulación nitroxenada enriquecida cuxa función é axudar á planta a maximizar a asimilación do nitróxeno e YaraVita MAÍZ, que inclúe a nutrientes clave nos primeiros estadíos vexetativos e é un produto altamente mezclable con outros agroquímicos, o que evita aplicacións específicas e propicia un aforro en tempo e diñeiro. Pola súa banda, Ascenza conta tamén co biofertilizante nitroxenado N-RELEASE, que permite unha liberación máis duradeira do nitróxeno grazas á presenza de molibdeno e xofre na súa formulación”.

En conclusión, “o que conseguimos apostando pola aplicación destes produtos, partindo sempre dun solo ben equilibrado, é lograr que a planta estea máis preparada para afrontar situacións de tensións (climatolóxicas, deficiencias/excesos do solo, falta de auga, pragas e enfermidades) o que deriva nun mellor desenvolvemento e un sumo aproveitamento do potencial da variedade, mellorando o rendemento e, en definitiva, a rendibilidade”.

Para máis información chama ao teléfono 981 519 920 ou envía un correo a delagro@delagro.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *