A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, celebrada por videoconferencia e presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, acordou este martes a repartición de máis de 46,8 millóns de euros entre as comunidades autónomas para os programas de promoción do viño en mercados de terceiros países para 2026.
País Vasco, Cataluña, A Rioxa e Castela e León copan 30 dos 46,8 millóns repartidos, e a Galicia apenas 1,27 millóns de euros,por baixo dos 1,3 da última repartición.
Cun orzamento global para a promoción de 55,59 millóns de euros, as solicitudes presentadas finalmente polas comunidades autónomas ascenden a un total de 46,8 millóns de euros. Por iso, o ministro Luis Planas expuxo aos conselleiros e conselleiras autonómicas do ramo elevar a subvención ao 50 % máximo permitido para os 657 programas presentados polas autonomías, que mostraron a súa conformidade coa proposta ministerial.
Esta liña de promoción dos viños españois en mercados de terceiros países está recollida na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV), dentro do marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027 e con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA) para executar en 2026.
Luis Planas explicou os beneficios deste tipo de programas que perseguen expandir as características e calidades dos viños españois en terceiros países co fin de mellorar a súa competitividade e consolidar novos mercados.
A distribución entre as comunidades autónomas é a seguinte: