A empresa Frigoríficos Bandeira adquiriu este martes no mercado de gando de Silleda un boi por 4.892 euros.
O exemplar de vacún maior é un boi cruce das razas Asturiana e Parda, de 5 anos. Pertencía a unha explotación de San Sadurniño (A Coruña) e foi comprada por Frigoríficos Bandeira, empesa especializada na exportación deste tipo de carnes de alta gama.
Ademais, est é o maior prezo pagado en 2017 na Central Agropecuaria de Galicia por un exemplar desta categoría, superando os 4.372€ rexistrados o 9 de maio.